Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Abr
26

Xuntaza pouco asistida na Unión

A UNIÓNA xuntaza xa anunciada en diversos medios para as novas eleccións da entidade do Cabo de Cruz, A Unión, foi bastante escasa de persoal, xa que foron ó pé dunhas trinta persoas as que asistiron á asamblea convocada. En dita reunión, o presidente Benigno Sánchez presentou a súa dimisión no cargo e convocou eleccións para o vindeiro día 24 de maio.

Non houbo intención ningunha por parte dos asistentes de coller as rendas da entidade, co cal todo apunta a que non vai haber cambio de papeis na Unión. A directiva actual mostrou o seu rexeite a quedarse, pero tamén afirmaron que de non haber ningún candidato á presidencia, quedarían eles mesmos ó cargo que xa ocupan.

Notouse un mal síntoma nesta asamblea, xa que son moitos os socios da entidade que non asistiron, e os que asistiron, tampouco mostraron interese por darlle un novo rumbo ó barco do Cabo de Cruz. Agardemos que ata o vindeiro día das eleccións se presente alguén ó cargo para que haxa máis competencia e xente disposta a resolver os problemas da nosa vila, os problemas de todos.

Non so foron despedidas este sábado, senón que tamén se presentou unha nova edición da revista O Socaire, por parte da Unión. Neste novo número da revista faise un balance de todo o que fixeron estes dirixentes durante o cargo e tamén se referencian as actividades, problemas e solucións que se fixeron no Cabo de Cruz.

Dende esta web queremos animar a todo o mundo a que se volque máis coa entidade que está a mirar polas cousas que nos afectan a todos e que vaiades ás xuntanzas. E mesmo tamén que vos presentedes ás novas eleccións.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Mary Hermo

    Espero a que a xente nova teña inquietudes para dirixir A Unión e así darlle continuidade á labor de traballar pola mellora de toda a parroquia do Castro pois sempre hai que mellorar dado que os gobernantes non se decatan de todas as necesidades e hai que estar pendente para que se leven a cabo todas as melloras que se necesiten.

    Eu animo aos veciños e veciñas deste pobo a que se presenten ás eleccións pois a actual directiva leva catro anos de traballo, e debemos recoñecer que toda directiva acaba agotandose pois non é un traballo doado.

    Un saúdo a tod@s.