Xuntanza sobre o Plan de Ordenación do Litoral de Cabo de Cruz

Despois de moitos días comentando as novas eleccións da asociación de veciños de Cabo de Cruz, A Unión, queremos informarvos (para os que non o saibades) que segue a mesma directiva que estaba antes. Un equipo case igual, coa excepción de cambio de tesoureiro.
Entre as novas actividades propostas por esta directiva nesta nova etapa de mandato está a de facer unha xuntanza con tódolos veciños de Cabo de Cruz para tratar un tema tan delicado como é o POL (Plan de Ordenación do Litoral) da nosa vila. Estase a preparar de cara as vindeiras xornadas unha rolda informativa para tódolos veciños que queiran asistir á asamblea na que se tratarán as costas de Cabo de Cruz e da parroquia do Castro.
Agárdase a máxima asistencia a tódolos veciños para que non haxa preguntas do tipo: E qué dixeron onte? Sabes algo do que se dixo? E a partires dahí comecen a circular as bolas de neve de mentiras, de «disques» e outras cousas que adoitan pasar pola desinformación da sociedade. Porén, dende CaboDeCruz.Net queremos animarvos a todos e todas a interesarvos polos temas que vos afectan, que nos afectan.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Este sábado ás 18:00 h. terá lugar unha asemblea da Unión no local de AMC (no peirao) para ...
O vindeiro día 24 deste mes dase por rematado o mandato na Unión. Ese mesmo día darase pé a ...
Xa facía algún tempo que non tiñamos novas desta iniciativa crucense: O Socaire. Trátase dun ...
No día de onte, como foi publicado nesta web, tivo lugar a asamblea de 'A Unión'. Foi sorpre ...
Dende aquí quero facer un chamamento a tódolos veciños e veciñas do Cabo da Cruz: Pola pr ...


