Xa se palpan as Festas do Carmen 2010

Hoxe a iso das 09:00 am xa se podían oír as primeiras bombas na honra das nosas festas do Carmen. Xa está todo preparado, xa non hai volta atrás para dar comezo á mellor festa da redonda e temos que acudir todos hoxe a un grande espectáculo no peirao de Cabo de Cruz.
Como xa se dixo na presentación do programa das festas nesta web, vai a haber de todo: bailes, música, xogos, orquestas, misas, procesión, entretementos, etc. Todo isto para que os crucenses o pasemos o mellor posible no día da nosa patrona: a Virxe do Carmen.
Porén, dende CaboDeCruz.Net queremos animarvos a todos e todas a participar no máis que poidades e a disfrutar na nosa vila. Sabemos que moitos e moitas de vós hoxe mesmo tendes que traballar, e mañá seguro que tamén (os que traballen fóra), pero para un evento de tal calado, sempre hai un esforzo a maiores, un recuncho onde podemos dicir: «Hoxe vou á festa da miña vila«.
Asi que xa sabedes, vémonos todos na festa, nos xogos e sobre todo nas orquestas que nos traen este ano, que son do máis selecto do panorama musical galego. De seguro que imos disfrutar todos destes días en familia, cos amigos e amigas e en boa compaña.
Queremos tamén agradecerlle sempre ós membros da comisión o seu esforzo durante todo o ano para que isto sexa posibel e para que todo saia tan ben coma outros anos. Sabemos que para a semana xa comezan os preparativos para as festas do ano que vén, por iso dende esta web queremos darvos ánimo e forzas para todo o traballo feito e por facer.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as F ...
Agardei ata hoxe para poñer esta entrada, xa que máis de un estabamos de resaca do último dí ...
Sabemos que todos estasdes ansiosos por ver o que van a ser as vindeiras Festas do Carmen de ...
A comisión de festas do Cabo da Cruz xa comeza a súa nova andaina para as Festas do Carmen 2 ...
Coma o ano pasado, este ano tamén queremos ofrecervolas fotos tomadas nos días de festa de C ...


