Volta ó traballo e CaboDeCruz.Net

Como todos puidéchedes observar, esta web estivo un pouco estancada nesta última semana. Comprenderedes que a xente que levamos esta labor de cara a vós tamén temos os nosos cúmulos de traballo onde se nos esixen cada vez máis tempo que llo temos que restar a outras cousas, entre elas, o Cabo da Cruz.
Pero, veciños e veciñas, descoidade disto porque se faltamos un pouco tempo, os nosos miolos están dando sempre voltas para dar novos artigos e novas para todos vós. Foi e é tamén moi demandada unha ficha que nos mostre o noso equipo do Cabo da Cruz B, e como administrador afirmo que en moi breve espazo de tempo ides ter o voso recuncho.
Son tamén demandadas novas sobre todo o que acontece en Cabo, así como queixas sobre o estado da nosa vila, actuacións a cometer e estado das obras que nos ateigan estes primeiros días de ano.
Dende aquí tan só quero pedirvos confianza en nós, pois este traballo comezámolo con toda a ilusión e queremos seguir así. Coma sempre convídovos a que participedes, esta web é vosa, non é tan só do que escribe, senón dos crucenses que podedes contactar con nós por correo electrónico na zona de contacto e contarnos o que máis vos preocupa ou calquera cousa.
Sen máis, …. Aquí estamos!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Como algúns xa vos destes conta, a nosa sección de 'Turismo' tivo un lavado de cara para facer m ...
Fai uns días, o veciño Toño Chouza entraba aquí para pedir un apoio para o seu curto que pre ...
Como xa vos dixera fai unha semana, as fotos estaban ó caer e a punto de saír do noso depart ...
Sorprendentemente, estes días estivemos mantendo contacto cunha persoa. O seu nome é Santiag ...
Señoras e señores, quén non quer ser diputado co que está pasando hoxe en día neste sector? ...


