Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Nov
25

Viduido 5 – 1 Cabo da Cruz B

Unha vez máis é intevitábel o tropezo do equipo B do Cabo da Cruz. Isto provoca que vaian quedando nun amargo fondo da táboa. Velaiquí tedes a crónica do partido contada por un dos xogadores:

Se malo foi o xogo do equipo no anterior partido co Sar, en este contra o Viduido foi moito peor. Pésimo partido dos nosos que tiñan a oportunidade de pasarlle na clasificación a un rival directo pero que pola contra saíron «escaldados» do campo do Viduido. Moi mal a defensa que aos cinco minutos fallaba estrepitosamente nun ataque dos locais marcando gol o extremo dereito a porta baleira. O empate chegou uns intres despois nun pase da morte que recibíu Cosita na área pequena e que so tivo que empurrala para dentro. O segundo foi parte erro da defensa e parte erro do árbitro cando a defensa lle quixo deixar o balon a Josito e chegou o dianteiro e levou o balón das mans del, en parte coa man, para logo subir o segundo ao taboleiro. O terceiro foi outro erro semellante ao primeiro gol. Así se chegou ao descanso.

Na segunda metade mellorou algo o noso xogo pero tampouco en demasía, ademáis o Viduido coa renta do 3 -1 cerrabase atrás e saía ao contragolpe. Así aproveitou para provocar un penalty e conseguir o cuarto. Logo Pechu nun novo contragolpe fixo unha mala saída e foi expulsado por dobre cartón amarelo. A portería foi ocupada polo Chaparrito que non puido evitar o quinto nun novo penalty esta vez provocado por Balteiro. Así foi, con diferencia, o peor partido da tempada do noso equipo que parecía que xogaban cunha perna menos.

E agora tamén vos queda a clasificación que mostra a mala traxectoria dos de Fachuco nesta parte da tempada. Tamén se aprecia os resultados desta pasada xornada e os enfrontamentos da semana que vén:

Material cedido por Porrón



Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Fútbol Cabo da Cruz, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: