Vai preso o implicado na pelexa da movida boirense

Detido en Teixeiro
O noiés C.G.M de trinta e sete anos de idade foi enviado a prisión polo xuiz no día de onte polas navalladas no pescozo que lle deu a un home brasileiro que residía en Boiro. Impútaselle o cargo de homicidio en grado de tentativa que o fará estar un bo tempo na cadea. A este home xa lle constaban antecedentes por violencia no seu expediente, e era un habitual das trifulcas.
No xuizo celebrado onte nos xuzgados de Ribeira, o xuiz deulle un pase directo ó cárcere de Teixeiro onde cumprirá alí a súa condena polo acontecido. No obstante o ferido brasileiro permanece no hospital, cando se pensaba que onte pola tarde se lle podería dar a alta.
No caso da outra pelexa, a das tres da mañán que tivo lugar nun local da rúa Principal de Boiro, tamén foi detido un mozo de Ribeira que neste caso non tiña antecedentes, pero non foi enviado ó cárcere. O motivo da súa detención foron os golpes que lle deu a outro mozo no que lle rompeu a mandíbula e algún que outro dente.
Deste último altercado, as forzas de seguridade non tiveron novas ata tempo pasado xa do asunto, polo que se dirixen ós donos dos locais sinalando que en canto vexan calquera tipo de situación que discrepe da normalidade dunha noite de movida, que avisen canto antes ás patrullas para que metan cartas no asunto.

A polémica estaba servida nos día posteriores ó sabado de movida, xa que por parte do concello afirman que a Garda Civil está a reforzar a seguridade nas zonas de ocio, mentres que a Policía Local afirma que non se pode controlar a movida con tan só dous axentes da Local patrullando na noite do sábado.
E vós que opinades? É suficiente a seguridade que hai os sábados á noite? Tendes algún testimonio dalgunha trifulca? Vícheste implicado sen motivos? Cóntanos a túa experiencia nesta web!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Unha vez máis, e desgraciadamente, a movida de Boiro volta deixarnos un domingo amargo por c ...
Parece ser que o concello de Boiro ten un problema que non dá amañado, pese á tentativa de p ...
[caption id="attachment_1947" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de Queijeiro"][/capt ...
Xa son moitas as novas de diversos xornais da comarca que nos mostran o que acontece cada no ...
Onte foi detido A.L.R., un veciño de Boiro que cometeu varios delitos antes de ser arrestado ...


