Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Dec
06

Un veciño de Boiro é detido por varios delitos

Esposas_detido

Onte foi detido A.L.R., un veciño de Boiro que cometeu varios delitos antes de ser arrestado polas forzas de seguridade. Ó parecer a cousa comezou no restaurante-bar Xoanes da estrada que une Boiro co Cabo da Cruz, cando o individuo estaba faltando ó respeto en dito e logo ameazou ó dono de dito local.

As forzas da orde seguíronlle a pista ata dar con el cando ía nun coche pola Avenida de Barraña. Alí os axentes acorralárono nunha rúa sen saída cando o veciño meteu a marcha atrás e empotrou o seu coche contra o coche patrulla que o seguía. Posteriormente, foi detido opoñendo resistencia e para máis negándose a realizar a proba da alcoholemia.

Unha vez máis estas son as aventuras illadas que cubren o panorama das autoridades boirenses. O feito ficou ahí coma algo que non adoita acontecer na nosa localidade.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: