Un joven de Cabo de Cruz dice que Fenosa lleva meses enviándole facturas infladas

Hoxe sae unha nova da prensa dunha persoa de Cabo de Cruz, neste caso, eu, administrador de CaboDeCruz.Net. Para non andar duplicando a información pola magnitude da noticia, que sería rizar o rizo, cóntovos de qué vai e logo poderedes ver a nova nun enlace.
Pois o tema é que sen xeito nin dereito, comezan a chegarme facturas da empresa Fenosa Gas Natural totalmente abultadas, debidas a unha mala lectura do contador. Pero a pinga que colmou o vaso foi un dos últimos recibos que cifraba a barbaridade de 712 euros. Penso que para pagar iso de luz hai que estar moito tempo nunha vivenda, e cos aparellos eléctricos ó máximo.
Entón eu decidinme a contactar coa empresa, poñer queixas no Ministerio de Industria e facer todo o que estaba nas miñas mans para resolver o seu erro. Pero o detalle era: mandámosche unha factura inflada, se non a pagas, cortámosche a luz. E así seguido, unha tras doutra. Cando chamaba a un número 900 (atención ó cliente de Fenosa Gas Natural), cada empregado dicíame unha cousa distinta, sen darme unha resposta ó problema.
A día de hoxe, vai facer casi un ano disto, e sigo sen solución. Teño nas miñas mans tódolos ases, ou facturas, como ben queirades, pero non teño os meus cartos, os que no seu día esta empresa me roubou e nos está roubando a todos.
Para máis información póñovos un enlace á nova de hoxe que sae no xornal La Voz de Galicia. Pinchade aquí.
E tamén se queredes unha boa opinión do mesmo tema, hai un xornal da bisbarra do Barbanza, que é o Xornal Certo no que podedes ver un artigo escrito por min sobre estes abusos das grandes empresas ós seus clientes. Aquí o tendes.
Pois si, amigos e amigas, en Cabo de Cruz non temos máis ca mirar cara a Iroite, cara a Curota e ver os seus macromuíños de vento que os abastecen de millóns e millóns, namentres nós, aquí abaixo, indefensos ante estas estafas de ladróns e incompetentes. Non quededes parados, actuade, manifestádevos ante estas cousas e poñede a caldo a un grupo de xente que se aproveita de xente coma nós.
E ti, qué opinas ó respecto?
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Pois como a cousa non podía quedar así, no día de hoxe estiven nunha conexión en directo coa TVG ...
¿Tes un producto en garantía e non cho cambian se está mal? ¿Hai un vendedor que se escaquea das ...
Dadas as situacións ás que nos leva esta empresa, quero poñervos un video que ó principio pódevo ...
Unha vez máis quero ser a voz desta veciña do Cabo da Cruz, Mary Hermo, que segue tendo as mes ...
Como xa é frecuente, cando hai un temporal, un vento ou algo semellante na nosa climatoloxía ...



Pingback: Denuncia que recibiu unha factura de ata 700 euros da súa compañía eléctrica