Castro do Achadizo
Como non podía ser doutro xeito, entre tódalas cousas que podes atopar en Cabo de Cruz, está o Castro do Achadizo.
Vendo asentamentos coma os Castros de Neixón, ou coma os Castros de Baroña, é doado afirmar que no Campo, último recuncho lambido polo mar de Cabo de Cruz, existisen asentamentos castrexos. Pois esta xente buscaba lugares altos rodeados de mar para poder defenderse, e tamén ter así un sustento alimenticio como é o marisco e o peixe das nosas rías.
Como se pode apreciar, as construccións eran circulares feitas en pedra e
cubertas cun tellado de palla axudado con bigas de madeira para poder darlle forma a unha edificación que hoxe en día dista bastante da arquitectura da Idade Moderna.
A actividade arqueolóxica destes castros data do ano 1984 por parte do profesor Vázquez Varela. Sería sete anos despois en 1991 cando o arqueólogo A. Concheiro comeza unhas escavacións atopando materiais cerámicos, restos de mamíferos coma ovellas e cabuxas, cans e algún que outro animal doméstico que facían deste lugar un fogar para os ancestros castrexos. Tamén se atoparon restos de mariscos coma mexillóns, ameixas e incluso ostras, xa que as xentes dos castros alimentábanse deste tipo de especies.

Entre as pezas descubridas atopamos ferramentas coma punzóns feitos de osos de animais, agullas e incluso peines que facían que aqueles homes e mulleres estivesen tamén guapos para as súas ocasións.

Tamén cabe destacar os restos cerámicos que tras varios estudos realizados, podemos concretar que datan dos séculos IV, ata o I antes de Cristo, que se corresponden coas fases Media e Final da evolución cerámica da cultura castrexa.
Entre o ano 1991 e o ano 1994, lévanse a cabo unhas excavacións baixo o mandato do arqueólogo Concheiro que nos mostra tamén a secuencia ocupacional iniciada nos primeiros chanzos da Idade do Ferro perdurando así ata a época dos romanos.
Na actualidade, estes castros atópanse nun estado de conservación visible, xa que están rodeados de edificacións particulares, debaixo das cales, é posible que haxa máis restos das nosas orixes.
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1186" align="aligncenter" width="425" caption="Restos do barrio árabe de ...
Nas Festas do Castro, os nosos amigos do Esteiro, Fonte de Mouro, Romarís, etc..., tamén nos ...
Perplexas eran hoxe as novas da televisión cando nos informaban sobre un dos últimos artigos ...
Como non podería ser doutro xeito, no día de onte xa deron comezo as festas do Castro. Estas ...
Como xa se iniciou un artigo nesta web sobre a ampliación do porto de Cabo de Cruz, queremos mos ...






