Onde Durmir
Para empezar, en Cabo de Cruz, a meirande parte do turismo hospédase en casas de alquiler da xente da zona. Adoitan alquilar unha casa para unhas semanas, un mes, ou mesmo todo o verán. Habendo xente que xa ten a súa casa apalabrada para vir cada verán, xa que o encanto da zona envolve a calquera. Agardo que a xente que queira alquilar unha casa no verán, ou calquera cousa o faga dende a web para que así, os que sodes de fóra teñades un punto de encontro con nós, e teñades un tellado onde durmir cando esteades aquí, en Cabo de Cruz.
Por outra banda, a catro quilómetros de Cabo, está o concello de Boiro, que ten algo máis onde hospedarse, pero para isto hai que ter coche para desplazarse á praia, ás festas, e a todo o que vos queda por ver en Cabo. Xa que a web é de Cabo vou citar algún lugar onde podedes durmir tamén en Boiro:
- HOSTAL OS TRILLIZOS
Enderezo: Rua Principal, 127 15930 Boiro (A Coruña)
Telf: 981844348
Fax: 981842610
- HOTEL JOPI
Enderezo: Derechos Humanos, 6 15930 Boiro (A Coruña)
Telf: 981844470
Fax: 981844470
- PENSIÓN VAGALUME
Enderezo: Principal, 107
15930 Boiro (A Coruña)
Telf: 981846794 , 981845943
Email: vagalumeboiro@yahoo.com
- CAMPING DE BARRAÑA
Enderezo: Avda. de Barraña, 68 15930 Boiro (A Coruña)
Telf: 981847613
Fax: 981847613
Web: http://www.campingbarrana.com
- HOSTAL MIRAMAR
Enderezo: Rebordelo, 117 15930 Boiro (A Coruña)
Telf: 981844544
Fax: 981844502
Este último é o que queda máis preto de Cabo de Cruz, xa que se ubica na carretera Boiro – Cabo de Cruz. Bueno, agora que xa tendes onde durmir, xa tendes as mellores festas, uns lugares de encanto e unha xente do máis agradable, tan só vos queda vir a coñecernos, ou non?
E ti, si vas a abrir un hotel, pousada, pensión, ou mesmo alquilas unha casa en Cabo ou proximidades, xa sabes, anúnciate aquí, mandando un e-mail a contacto@cabodecruz.net ou cubrindo o noso formulario de contacto, pois a xente de fóra vai ter sempre un referente para programar as súas merecidas vacacións!!
Aquí abaixo podes comentar que che parecen estes lugares para aloxarse, e así conseguir ofrecer un millor servizo. Grazas!
Artigos relacionados :
Todo un orgullo para a hostelería do Cabo da Cruz ter un local coma este para poder disfruta ...
Como nesta web non queremos que isto teña só unha cara da moeda, os amigos do Xornal Certo na sú ...
Sabemos que todos estasdes ansiosos por ver o que van a ser as vindeiras Festas do Carmen de ...
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Final inesperado... A traíña do Cabo da Cruz cedeu o título galego acadado o ano pasado no t ...




