Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  

Bares e Restaurantes

Onde xantar en Cabo de Cruz

  • Café Bar “Abadía de San Enrique”

                 Situación: Ó carón da igrexa do Castro

  • Cafetería «Club de Xubilados»

                 Situación: Peirao en frente á lonxa

  • Café Bar «O Malecón»

                 Situación: Subuqueiro

  • Café Bar «Centro»

                 Situación: Aldea de Arriba, frente á Praza do Lorcho

                 Teléfono: 981847846

  • Café Bar «Mavi»

                 Situación: Mavi, carretera principal

                 Teléfono: 981846251

  • Café Bar «O Texano»

                 Situación: Carretera principal, frente á Praza do Lorcho

Se tes un local preto de Cabo de Cruz e queres anuncialo aquí, só tes que cubrir este formulario de contacto e nos nos poñeremos en contacto contigo.

Aquí abaixo, podes deixar as opinións que che merecen todos estes locales, para así poder dar un mellor servizo. Grazas!

  • Laura

    Hai wifi en algun destes establecementos? Grazas.

  • Xoan

    Ola Laura, nestes establecementos que eu saiba non hai WIFI, a non ser que a puxesen recentemente. Lamentablemente, vas a ter que ir a Boiro para conectarte nalgún bar dos tantos que si teñen WIFI. Ou ben, se sabes podes crackearlle o sinal a un veciño para poder ter acceso á rede (sabendo a todo isto que estás cometendo un delito, aínda que difícil de demostrar legalmente). Pero non te desilusiones por isto, xa que en breves a ver si temos o centro social de Cabo de Cruz rematado onde (supoñemos) terás WIFI gratuita sen problema.
    No obstante facemos un chamamento a tódolos bares aquí anunciados e da nosa vila para que se animen e poñan este servizo para os seus clientes, o que fará que mesmo eu que agora me atopo nun bar de Boiro, non me teña que desprazar para poder ter acceso á rede.
    Polo demáis, agardamos serche de utilidade en cantas cousas queiras e propoñas…
    Sen máis, un saúdo!

  • Mary Hermo

    Ola, é ben certo que non hai WIFI en ningún local de Cabo de Cruz, pero pouco a pouco os prezos dunha conexión van baixando e xa temos R nalgún dos lugares do pobo como por exemplo no que é toda a carretera xeral xa podes ter unha conexión de 3 Mb, logo nos outros lugares deste pobo temonos que conformar con 1 Mb e o prezo xa non é tan abusivo como era antes e case todas as empresas que ofrecen este tipo de servizos xa estan chegando ata aquí.

    Un saúdo a tod@s.

  • Laura

    Moitas grazas pola contestación Xoan e Mary. Un saúdo.