Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xul
28

Turismo polo mar en Cabo de Cruz

CaboDeCruz

O concello de Boiro avoga por unha nova maneira de facer turismo: o turismo marítimo. A iniciativa trata de que un grupo de xubilados colaboren desinteresadamente nesta tarefa de mostra da cultura etnográfica de Boiro e tamén de Cabo de Cruz. Existen moitos puntos de encontro nestas visitas ós recunchos da nosa vila e concello. Por exemplo, un repaso polos muíños de río en Bealo e Ponte Goiáns.

Pero tamén se marcan un percorrido pola ría e polo porto de Cabo de Cruz onde se lle vai explicando á xente que queira aprender cómo se cría o mexillón nas bateas, dende que se vai á cría ata que sae en sacos no camión que os leva. E quen mellor para explicar todas estas cousas cá xente con experiencia coma os nosos maiores.

Tamén se trata de que a xente coñeza os traballos e oficios autóctonos coma un taller de elaboración de nasas situado en Rebordelo. Un oficio de cara ó mar e polo mar, motivo principal desta mostra de cultura municipal. E aínda non queda ahí a cousa, senón que se tratan de explicar moitas outras cousas nestes percorridos.

Os turistas sorpréndense desta riqueza que temos na nosa vila e concello e láianse de que a xente daquí non coñeza na súa totalidade parte da nosa historia que nos identifica coma vila e como pobo. Porén, xa se está plantexando o de traer ós escolares a estes percorridos para que dende os máis cativos saiban das tradicións, costumes e medios de vida dos seus antergos.

Toda unha iniciativa con moito impulso feita dende o concello de Boiro que vemos con ollos moi positivos dende Cabo de Cruz. Porén, animamos a todo o mundo a que fagan disto algo persoal, algo seu e que se dispoñan a visitar os recunchos con máis historia do noso concello.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cultura, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: