Toño Chouza rompe moldes no estranxeiro

O nome de Cabo de Cruz é levado por moita xente aló onde pisa. Un reclamo máis para a nosa vila é Toño Chouza, un crucense que se somerxe no mundo das cámaras e do audiovisual para crear arte. Este veciño leva xa feitas ó pé dunhas trinta curtas ó longo da súa carreira e tamén xa leva gañados algún ca outro premio en Galicia e fóra da nosa terra. No ano 2007 consolidábase co premio Acción cun traballo que fixo na colaboración da súa avoa chamado Somnium. Con esta curta tamén se fixo cun galardón en Madrid.
Pero o seu último lance vaino a dar en certames de Cataluña e Madrid para os que foron seleccionados dous dos seus traballos nun concuro promovido por TVE. Non temos dúbidas que este mozo vai dar moito que falar coas súas curtametraxes en tódolos ámbitos. Aquí xa presentamos unha obra súa na que se plasma a calidade do director representado algo daquí, do noso, e quen mellor para facelo ca un home de Cabo de Cruz.
Fai xa case un ano, por encargo do Concello de Boiro, filmou un documental sobre a Romaría de San Ramón e sinalou: «Deixei que fose a xente a que, a través das súas experiencias, explicara a historia e as particularidades da festa». E que mellor maneira de presentar algo ca coa opinión da mesma xente.
Pero os labores de Toño non se aferran á monotoneidade nin á monotemática, senón que destacan tamén pola sua variabilidade en técnica, temática e argumentos. Atrévese tamén con efectos especiais porque: «Descubrín que ofrecen moitas posibilidades á hora de afrontar a tarefa de escribir un guión, xa que podes incluso crear aos actores». Como vedes, para Chouza non existen as fronteiras detrás dunha cámara.

A súa última obra titúlase: Yo hice un curso de yoga. Un título que mestura ciencia ficción e romance, pero que o autor explica moi ben de qué vai: «A historia xira ao redor dunha parella de descoñecidos que se queda encerrada nun centro comercial de Barcelona cando estala unha chuvia de meteoritos. Quédanlles quince minutos para cumprir os seus obxectivos», sinala.
Pero o obxetivo a acadar por este director de cine é o de grabar unha película, xa que segundo afirma: «Teño claro que este é o meu mundo, no que me sinto cómodo, pero penso que ata que un non roda unha longametraxe non pode considerarse director de cine». Un home que está enrolado en diversos proxectos e que nestas datas poderédelo atopar por Cabo de Cruz, xa que vén para cumprir varios encargos detrás da cámara e seguir dándolle vida á súa carreira.
En fin, aquí tendes a todo un director que agardemos que nun futuro non moi lonxe chegue moi alto no seu sendeiro ata o máis alto. E queremos tamén ofrecerlle a Toño Chouza este pequeno espazo en Internet para o que precise sempre, xa que para nós é unha honra ter a xente así e que por encima sexa de Cabo de Cruz.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Fai uns días, o veciño Toño Chouza entraba aquí para pedir un apoio para o seu curto que pre ...
No día de onte o noso veciño Toño Chouza entrou nesta web para pedirvos axuda. Tan só para q ...
Fai uns días estiven falando con Pablo Chouza, cousa que sobran as palabras para saber quen é es ...
Como podedes ver, o curto gañador do certame "El corto y cálido verano" de Facebook, foi o d ...
Hai cousas que non se saben, e outras moitas que quedar por saber, pero dun xeito ou doutro cheg ...


