Toño Chouza, gañador do Festival “El corto y cálido verano”

Fai uns días, o veciño Toño Chouza entraba aquí para pedir un apoio para o seu curto que presentou no festival «El corto y cálido verano». Pois si, arrasou coa súa producción. Pero dende aquí pensamos que non gañou tan só polas votacións dos amigos que pode ter en Facebook, senón pola calidade do traballo que presentou a este concurso.
Os que aínda non vistes o curto, podemos asegurarvos que é algo digno de ver, onde se marca xa un estilo propio relacionado con outras obras que ten este home no seu arquivo. Sen dúbida, unha historia contada en pouco máis de 10 minutos que engancha dende a primeira escea.
Pois que dicirche Toño, parabéns polos teus éxitos recollidos e por recoller e segue sempre así. Como anécdota e breve consello vouche contar algo que vin na televisión cando era un cativo e que me serviu de moito: estaban entrevistando a un compositor de música galego cando lle preguntan – ¿Cal é o segredo para acadar a mellor partitura? - o home respostou sen dubidar – Compoñer tódolos días, queira ou non queira, porque o día menos pensado a mellor partitura chega ós meus miolos -.
Con isto quero dicir que nunca abandones o teu traballo, o que che gusta, se sempre constante, xa que o teu mellor filme, de seguro vai saír dun traballo diario e no día menos pensado. Fáloche dende a curta experiencia na que apliquei este consello e sempre me foi ben. Pedirche tamén que nos cedas ese curto campión para que a xente que entra aquí e que non ten Facebook que poida ver a calidade dun traballo ben feito.
No nome de CaboDeCruz.Net, parabéns, segue así e conta con nós para o que faga falla, xa que os teus éxitos son os éxitos da túa vila, e os éxitos da túa vila son os éxitos de todos. Grazas Toño.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
No día de onte o noso veciño Toño Chouza entrou nesta web para pedirvos axuda. Tan só para q ...
Como podedes ver, o curto gañador do certame "El corto y cálido verano" de Facebook, foi o d ...
O nome de Cabo de Cruz é levado por moita xente aló onde pisa. Un reclamo máis para a nosa v ...
Hai cousas que non se saben, e outras moitas que quedar por saber, pero dun xeito ou doutro cheg ...
Fai uns días estiven falando con Pablo Chouza, cousa que sobran as palabras para saber quen é es ...


