Son extraídas trinta toneladas de argazos da praia de Mañóns polos mariscadores do Cabo da Cruz
A cuberta das nosas praias polo argazo traído polo mal tempo puxo mans á obra ós mariscadores do Cabo da Cruz. Carmelo Vidal, patrón maior da entidade, comentou que o luns non puideron traballar pola grande cantidade de algas que cubrían a praia de Mañóns, por iso nunha soa xornada de traballo intenso, retiráronse os miles de quilos que cubrían o areal. Sinalou tamén que a cadra da marea baixa non vai favorecer de momento a retirada dos residuos do mar, por iso o choio adiantarase para a vindeira semana.
Os traballadores temen pola morte de todo o marisco que queda debaixo do manto verde, pois este feito impide a respiración dos productos do mar que veñen extraendo ata o de agora. Outra praia tamén afectada polas algas é a de Xión, onde agardan ir canto antes para deixar a zona nas condicións de traballo axeitadas.
Fonte: La Voz de Galicia
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Para favorecer ó aumento e tallaxe dos nosos recursos naturais, os mariscadores crucenses i ...
El mal tiempo ha enfadado a los turistas que esta semana han pasado por la comarca, y también ...
Segundo as afirmacións na época estival do patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz, o mari ...
Os furtivos poñen son diarios nas praias traballadas polos mariscadores de Cabo de Cruz onde alg ...
A limpeza das praias foi un tema concurrido en Boiro este ano. O mal tempo e a chegada de sarg ...


