Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Set
02

Seguen as queixa pola velocidade dos camións no Cabo da Cruz

50_aveinte

Como xa se anunciara, volta ser nova a velocidade que toman os camións que levan a pedra ó muelle novo no seu paso polo Cabo da Cruz. Son cuantiosas as queixas dos veciños que denuncian un exceso considerábel na velocidade destes xigantes do asfalto, e indican que calqera día pode haber unha desgraza. Isto, sumado á modificación da obra por parte dos técnicos da Xunta, forma un rebunbio nos miolos dos crucenses que cada día se están alterando máis por esta clase de cousas.

Xa fai tempo que a asociación de veciños, ‘A Unión’, presentou queixas sobre esta situación. Temporalmente, isto quedou máis ou menos amañado, pero como podemos observar, todo voltou ó descaro destes camioneiros que loitan por unha ringleira na pesa do muelle.

Os veciños, máis encomodados ca ninguén, denuncian que a velocidade destes camións pode dar lugar a unha traxedia. Xa que non hai quen frene a estes vehículos de grande tonelaxe, é doado que envorquen contra unha casa ou contra a xente. Para isto, o concello de Boiro debería tomar medidas de velocidade neste vial que dende xa fai tempo marca un tope duns 50 km/h.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: