Sector conserveiro sen crise no Barbanza

Como primeiro dato podemos afirmar que as principais empresas conserveiras do Barbanza abasteceron o 66% da facturación estatal. As conserveiras parece que saltan por enrriba da crise nestes tempos de dito declive aumentando as plantillas de persoal, e mesmo facturacións optimistas de máis de 850 millóns de euros entre as sete principais firmas do sector foron rexistradas no último exercicio fiscal. Isto provoca e fai ver un crecemento dun 4% con respecto ó ano pasado.
Se os de arriba abálannos cuns números sorprendentes: segundo Afanco (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Marisco), a facturación a nivel de España foi duns 1.300 millóns de euros no 2008, dos cales 1.092 saíron das factorías galegas onde o 50% delas teñen sede na nosa comarca.
O emprego tamén foi un punto clave neste desenvolvemento: creáronse ó pé duns 4.000 postos de traballo, iso sen contar as contratacións para labores específicas, o que representa un aumento do 10% con respecto do ano 2007. Vemos que pese da crise anunciada, as fábricas seguiron coa súa política de contratos ofrecéndonos así unha mellora e unha alza no sostemento da nosa comarca.

No Cabo da Cruz, teñen e tiveron tamén lugar parte destas factorías do peixe e do marisco como son e foron: A de Pita, A de Curvera, A de Paquito (O Careixo), etc. Estas conservas aínda nos están dando o pan a moitas familias asentadas dende sempre no Cabo, e agardemos que dean choio para moito tempo, xa que nestes malos tempos é de agradecer ter a onde botala man para poder traer uns poucos ferros á casa.
Non podemos tampouco esquecernos da conserveira de nome no concello de Boiro: Jealsa (no Bodión), que lle dá traballo a unha grande cantidade de mulleres e homes do Cabo da Cruz, cando ás dúas e pico da tarde, ou ás sete menos algo da mañá se enchen os autobuses de Outeiral para acudir a unha dura xornada laboral.
A nosa vila, estivo sempre ligada a este tipo de actividades polo noso carácter mariñeiro que nos avalou e nos axudou dende sempre a sacarlle o mellor partido a unha fonte de vida como pode ser o mar, o mellor mar que nos alberga nunha das rías máis importantes non só de Galicia nin de España, senón do mundo.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1623" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de C. QUEIJEIRO"][/c ...
Sorprendentemente, estes días estivemos mantendo contacto cunha persoa. O seu nome é Santiag ...
Lendo o xornal de hoxe, pareceume interesante poñervos esta entrevista do presidente da Asociaci ...
[caption id="attachment_1761" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de S.Balvís"][/capti ...
Este titular sona coma algo así: "un euro por África", pero estamos ante dúas cousas totalme ...


