Sacyr abandona ó concello de Boiro na “desfeita” da nova autovía
Ó comezo desta obra todos viamos nela algo cheo de melloras e de prosperidade para o Barbanza e tamén para o Cabo da Cruz, pero cando as cousas van rematando, dámonos conta de que nos venderon unha cortina de fume tras da cal se agocha un proxecto con moitas deficiencias, pero sen quitarlle tampouco as súas cousas boas.
Fai xa máis dun ano que a nova autovía está en funcionamento, e tamén xa fai máis dun ano que os concellos do Barbanza, especialmente o concello de Boiro, levan queixándose desta obra que nos deixou algúns estragos ó seu paso polo noso concello. Pese a que xa fai máis dun ano do asunto, o concello ten aínda moi presente todo o traballo pendente, responsabilidade directa da empresa Sacyr (a que fixo a autovía).
Na zona de Lampón, moita xente que baixa a Boiro ten que facer longos desprazamentos ata chegar ás súas casas, xa que moitos accesos están totalmente impracticables polas obras. Outra cuestión pendente tamén de Sacyr é adecentar a carretera que une Vilariño con Boiro, xa que isto quedou sen aceras completamente e é frecuente ver á xente que se quer acercar a Boiro, pola beira da estrada sen nada que os ampare.
Outro tema tamén delicado é o dos accesos ó polígono industrial de Espiñeira. Obxeto moi criticado polos numerosos empresarios que teñen alí o seu recinto, xa que o estado do pavimento en ditos accesos é de pena polo paso dos camións, e dende aquela nada se fixo para mellorar as obras.
É lamentable que unha empresa coma Sacyr non se responsabilice destas cousas, xa que o que non se pode permitir nun estado democrático é que estas empresas campen ás súas anchas por enrriba e por debaixo das leis que amparan ós máis pequenos.
Pero nin que dicir ten a presentación dunha obra que ía ser unha revolución industrial e que ficou nun proxecto escaso e carente de melloras para a nosa bisbarra. Lembramos tamén ós veciños da Pobra do Caramiñal como se queixaban da nula canalización das augas que lles desbordaban as leiras. Lembramos tamén todos a rotonda do barco de Ribeira á saída da autovía como había protestas de cara a Sacyr pola súa falta de responsabilidade, e coma esto lembramos outras moitas cousas máis.

Tamén cabe dicir que nos deixaron unha autovía cun asfalto totalmente anegado en tempos de choivas, tamén nos deixaron unha autovía da que non se modificou axeitadamente o trazado con respecto á anterior vía rápida, xa que hai tramos con curvas igualmente de perigosas ca antes, por non dicir que tan só sacaron seis curvas en 25 km. Tamén nos deixaron unha autovía a 100 km/h, cando nun proxecto novo que se supón que ían optimizar gastando unha porrada de cartos se deberían de facer as cousas o mellor posible… En fin, que esta empresa con este proxecto era mellor que llo deixara a outros máis competentes na materia, e a outros dos que os nosos concellos non tivesen que andar agora detrás para amañar o que eles mesmos desfixeron.




