Rosa Quintana mostrou o seu apoio á cofradía do Cabo da Cruz
Carmelo Vidal e Ermitas Pérez, patrón maior e vicepatroa do Cabo da Cruz, reuníronse fai pouco con Rosa Quintana, conselleira do Mar, á que lle pediron apoio contra a loita do furtivismo nas praias tuteladas por dita entidade. O patrón maior afirmou que a representante se mostrou receptiva ás indicacións sinaladas polos rexidores, comprometéndose así a aumentar as labores de loita contra os furtivos.
As palabras do patrón maior foron claras: «A nosa intención é que a Policía Autonómica veña vixiar por esta zona, pero xa nos explicou que era moi difícil ter unha patrulla en cada porto. Aínda así, hai un compromiso de colaboración entre todas as partes implicadas para intentar reducir a presenza dous furtivos».
Carmelo voltou ledo polo seu encontro con Rosa Quintana, xa que afirma que: «noteina moi preocupada pola situación do furtivismo e a súa intención é loitar contra esta secuela».
Houbo tamén outras peticións por parte da cofradía para rexenerar algúns areais: «Hai un compromiso por parte dela para sufragar esta actuación».
Os dirixentes da cofradía mostraron o seu agrado polo encontro, xa que a conselleira mostrou pinceladas abundates de colaboración coa entidade: «con todas as cuestións que lle plantexamos».
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Dende a entidade local, pedirase á Consellería do Mar que executen medidas cautelares para a ...
Trala visita de onte ó Cabo da Cruz da conselleira do mar, hai que sacar conclusións da súa ...
Os furtivos poñen son diarios nas praias traballadas polos mariscadores de Cabo de Cruz onde alg ...
Dende os aposentos de Rosa Quintana, na Consellería do Mar de Galicia descartan que haxa que emp ...
[caption id="attachment_1960" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de S. Balvís"][/capt ...


