Inicio > Notas de prensa, Novas > Reunión no local da AMC en Cabo de Cruz

Reunión no local da AMC en Cabo de Cruz

Venres, 8 de Xaneiro de 2010 Ir os comentarios

paso elevado

Esta reunión terá lugar no local da Agrupación de Mexilloeiros do Cabo da Cruz por mor da colocación dos pasos elevados que se están construíndo no vial que une Boiro coa nosa vila.

A reunión nun principio é para os socios de “A Unión”, pero non creo que se alguén que non é socio o boten dalí si trata de achegarse. Nesta reunión falarase deste tema que nos afecta directamente a todos, pois as vías de comunicación co exterior son a nosa arteria de saída ó mundo, e as trabas que esta teña son trabas para nós.

Agardamos que asistades o maior número posible de xente, tanto si estades a favor coma en contra, pois cada un ten a decisión que ten e alí non se vai a desbotar a ninguén pola súa forma de pensar. A hora é ás 18.30 no local da AMC, e agardamos que tódolos veciños e veciñas do Cabo da Cruz acudades para mirar polo noso, pois non serán os de fóra os que decidan sobre nós.

Artigos relacionados :

 

• Máis noticias enNotas de prensa, Novas
• Recibe tódalas novas no teu correo:
  1. Non hai comentarios.
  1. Non hai trackbacks.