Retiran un paso elevado no vial do Cabo da Cruz

Polo visto o tema dos pasos elevados seguen traendo polémica ó Cabo da Cruz cando onte os obreiros estaban retirando un paso xa construido ó carón dun dos accesos á praia de Barraña. Dende o concello a resposta foi por parte do tenente alcalde, Juan Jesús Ares, que indicou a aparición dun erro no proxecto, polo cal houbo que destruir un paso.
Ares recoñeceu que a posta dos pasos está traendo consigo unha grande polémica e un quebradeiro de cabeza para o concello de Boiro, palabras distintas ás do alcalde nunha intervención anterior, cando afirmaba que isto tiña próxima a súa fin. Trala falta de entendemento neste proxecto, dende o concello afirman que onte houbo unha solicitude para poñer un paso elevado por parte dun particular, por iso que é complicado establecer un punto en común entre todos.
Agora, as pesquisas do asunto levan a que tan só serán catro ou cinco os pasos que poidan plantar na carretera que une o Cabo da Cruz con Boiro, pois a presión veciñal faise notar, e o desbaraxuste total por parte do concello conleva a dirixir a situación a algo coherente, pois se antes eran doce pasos, despois seis, agora catro ou cinco… Ata ónde se quer chegar?
Dende o Cabo da Cruz agárdase que os nosos dirixentes saiban resovler a situación e facer as cousas escoitando a voz do pobo para quen gobernan, pois os que estamos a sufrir as consecuencias somos os que cada día que queremos ir a Boiro temos que dar toda unha volta e agardar semáforos por culpa destas obras que non parece que vaian rematar daquí a pouco.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
[caption id="attachment_1223" align="aligncenter" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][ ...
E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra ...
[caption id="attachment_1210" align="alignright" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][/ ...
Frente á postura inflexible do concello de Boiro sobre a colocación dos pasos elevados no vi ...
Os empresarios mostráronse abraiados pola indecisión do concello en canto ós pasos sobre bad ...


