Resposta da oposición boirense á actuación no PXOM polo goberno local
A primeira reunión entre o goberno boirense, formado polo BNG e o PSOE, e a oposición, formada por ICB e PP, estivo marcada polas travas no entendemento entre ámbalas partes. A oposición mostra dúbidas acerca de que si o goberno será capaz de sacar adiante as propostas establecidas e arremete contra os mandatarios.

Segundo o portavoz popular, Juan José Dieste, a reunión foi un paripé e unha tomadura de pelo por parte do goberno, argumentando que non se falou nada sobre o que realmente lles interesa ós cidadáns e que en ningún momento se falou de cómo se vai acometer a revisión do PXOM de acordo coa realidade do concello. Asi mesmo, Dieste responsabilizou ó alcalde Xosé Deira do suposto fracaso da reunión sinalando que esta revisión non terá fin e que será un gasto inútil do diñeiro público.

Dende ICB, o señor Manuel Velo tamén tivo os seus máis e os seus menos coa exposición do mandato en canto á revisión do plan. Velo pon en dúbida que este goberno sexa capaz de sacar adiante esta revisión, xa que segundo o portavoz de ICB, en dous anos o goberno local non fixo nada. Segundo o portavoz, a reunión non serviu de nada, e a oposición saiu dalí decepcionada.

Por outra banda, o presidente da ABE, Carlos Rodríguez Muñíz, tamén dou a súa opinión sobre a reunión dicindo que o goberno xerou grandes expectativas, pero que ó final non se entrou en materia. Muñiz indicou que a revisión non pode sair adiante sen a participación dos axentes sociais do municipio e dixo que un plan destas características ten que ser asumido coa participación de todos, mostrando así a súa participación e colaboración no proxecto.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
El ejecutivo boirense quiere zanjar cuanto antes la revisión del Plan Xeral de Ordenación Muni ...
José Manuel Álvarez, por fin se mostra e lles dá ós crucenses unha resposta sobre a súa obra ...
Foto: El Correo Gallego No concello vaise realizar unha revisión a fondo do PXOM (Plan Xe ...
Este artigo comeza cunha pregunta clave que a moitos crucenses se nos plantexou algunha vez. ¿Es ...
Será mañá ás 19.30 cando remate o prazo de presentación das candidaturas á presidencia da As ...


