Reordenación do tráfico no Cabo da Cruz

Xa fai tempo que a reordenación do tráfico do Cabo da Cruz é un tema a tratar entre veciños, asociación de veciños e concello. A Unión reclama que este plan pase do papel impreso á execución real nos viales que forman o Cabo da Cruz, pois era un tema esquecido que a nosa asociación quer sacar á luz novamente dado o seu esquecemento.
O presidente, Benigno Sánchez, sinala que este tema xa foi posto en coñecemento do concello fai uns catro anos, e en zonas como a Pesqueira e Bandaorrío son as execucións que máis présa corren. Pese á conformidade do concello, este tema segue a ser un tema pendurado da lámpada que nunca acende, pois a espera é ben longa.

sentido obligatorio
O que se pretende facer é establecer o tráfico en sentido único en moitas rúas do núcleo da vila que debido a que son moi estreitas, as manobras dos coches son frecuentes na circulación do tráfico. Comeza a producirse un certo malestar no seo crucense, pois este plan xa fai máis dun ano que se aprobou e segue á espera da súa execución. Pese a isto, tamén sinalar que mesmo a Deputación subvencionou á Unión con 6.000 € para a dotación da regulación do tráfico e para que se poidan executar así as obras correspondentes.
Este tema tamén se tratará na reunión de hoxe día 9 pola tarde que terá lugar no local da AMC, como se explicou xa nun artigo de CaboDeCruz.Net.
Artigos relacionados :
Trala reunión deste pasado sábado, onde se ían explicar entre outras cousas como estaba o te ...
Como ben xa se anunciou neste medio de comunicación, agora chegan os feitos ós nosos ollos a ...
Frente á postura inflexible do concello de Boiro sobre a colocación dos pasos elevados no vi ...
O tema destes últimos días que deu tanto que falar en CaboDeCruz.Net segue sendo o dos pasos ...
Foto: La Voz de Galicia Como algúns puidéchedes observar estes días, na Avenida da Consti ...




