Reordenación do tráfico en Cabo de Cruz

Como ben xa se anunciou neste medio de comunicación, agora chegan os feitos ós nosos ollos a partires do vindeiro día 22 de Febreiro do 2010, que será cando se destapen os sinais que van por algunhas das nosas rúas en sentido único para favorecer así o tránsito de vehículos.
Unha vez máis, o noso concello a través da asociación de veciños A Unión e mais das reclamacións dos veciños, fainos sabedores dunha nova que a vila estaba agardando dende fai máis de catro anos. Unha vez máis, o executivo boirense, cumpre.
Será a partir de mañá luns cando a reordenación do tráfico no Cabo da Cruz será xa unha realidade máis. Dende esta web queremos agradecer tamén todo o esforzo feito pola Unión e tamén polo concello de Boiro, que foron os que botaron leña ó lume para que estas cousas chegasen a bo fin.
E como non podería ser doutro xeito, a nosa fonte de información desta noticia, foron os amigos do Xornal Certo que contactaron con nós para comentarnos esta nova e poñernos ó tanto do que acontece na nosa vila. Evidentemente, na vila pasarán moitas máis cousas, pero ó non ter un equipo de reporteiros ou a ninguén que nos conte as cousas, pois sempre é de agradecer a este tipo de medios de comunicación que nos manteñan tamén un pouco na onda xornalística.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Trala reunión deste pasado sábado, onde se ían explicar entre outras cousas como estaba o te ...
Xa fai tempo que a reordenación do tráfico do Cabo da Cruz é un tema a tratar entre veciños ...
Para a nosa sorpresa, hoxe esfollando o xornal da Voz de Galicia, vimos unha entrevista ...
- O obispo de Valencia: "Quizá es un mal mayor el que sufrimos nosotros que el de los pobres de Haití"
Tralo tremor de terra sufrido en Haití, as palabras do Bispo de Palencia retumban nos miolos ...
Xa facía algún tempo que non tiñamos novas desta iniciativa crucense: O Socaire. Trátase dun ...


