Reformas no turismo
Como algúns xa vos destes conta, a nosa sección de ‘Turismo’ tivo un lavado de cara para facer máis atractiva a súa apariencia de cara a vós, os que cada día entrades e facedes que isto sexa digno de continuar.
Tratamos de diferenciar, asentar e presentar dun mellor xeito a nosa vila, dende uns textos que se achegan máis ó lector, e así como as referencias fotográficas que temos, trantando de relacionar todo para facer algo vistoso e elegante á vosa vista.
En breve, a finais de mes, agardamos dispor de novas fotos que fagan disto unha páxina tamén de sentimentos para a xente que está fóra e que cun só click pode ver e saber todo o que acontece na súa vila, para tratar de calmar a morriña que nos invade cando estamos lonxe da nosa terra.
Tamén quixeramos animarvos a todos para que si tendes algo que comentar, que engadir, que criticar, sobre esta nova modificación ou sobre calquera outra cousa, que o fagades sen problema, xa que o Cabo da Cruz somos todos, e non pode ser que o que faga unha soa persoa sexa ben visto polo resto. Hai que ser críticos con todo, para así fomentar un coñecemento dende varios puntos de vista onde fagamos un encontro de todo isto que se chame o Cabo da Cruz.
Polo momento seguiremos traballando con esta iniciativa, penso que boa, que botou a andar aló no mes de xuño ’09, e que cada día conta con alguén máis que embarca neste navío rumbo á terra dos bytes e das novas tecnoloxías.
Sen máis, agardo novas de todos vós para que entre todos fagamos que isto sexa posible para e de por sempre.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A pesares de que estas fotos xa estaban na nosa posesión dende fai uns días, non quixemos ag ...
Como todos puidéchedes observar, esta web estivo un pouco estancada nesta última semana. Com ...
Pois si amigos, o que máis chama a atención nunha web son as súas galerías de fotos e videos ...
Sorprendente o título deste artigo? Pois non, penso que todo o contrario vendo o que acabo de ve ...
Nestes tempos, é importante que os nosos fillos saiban de onde vimos e cara onde imos. Esta ...


