Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
22

Reducción nos topes marisqueiros no Cabo da Cruz

mariscadoras

Como moitos xa sabemos, na época do verán producíronse sitaucións nada favorables para a xente que vive da praia, do marisqueo concretamente. Estamos falando dos roubos do marisco por parte dos amigos do alleo. Estes amigos actúan en forma de furtivos, de grupos organizados e mesmo de bañistas que se agochan entre a multitude para encher os bolsillos de berberechos e ameixas. Parte do marisco sementado no seu tempo para a posterior colleita foi saqueado das praias sen que isto levase o proceso e destino polo que foi sementado.

A directiva da Confraría do Cabo da Cruz sinala que houbo xente que coas cantidades de marisco extraído da praia chegou a pagar o piso, xa que a retirada de miles de quilos de bivalvo foi crucial para que a día de hoxe os mariscadores vexan mermados os seus topes de capturas, conlevando isto a unhas perdas en parte agardadas.

As perspectivas antes da época estival eran bastante boas, pois as praias prometían abundantes colleitas, xa que o marisco que había antes do verán era suficiente para facer o que se lle chama un bo agosto. Posteriormente, o agosto parece ser que o fixeron os furtivos e os bañistas que sacaron grandes cantidades de marisco das praias.

Ermitas Pérez, a presidenta dos mariscadore de a pé afirmou que as grandes cantidades extraídas das praias non permiten a incorporación de novos mariscadores que serían novos postos de traballo debido a que o marisco non chega para todos. As perdas destes acontecementos son elevadas, xa que a pesares do marisco extraído hai que sumarlle agora a reducción de quilos nas colleitas diarias que fan as nosas xentes que viven do mar.

De toda a ría da Arousa, a entidade crucense é a que máis invirte en seguridade e vixilancia das nosas praias, pois os niveis de furtivismo acadados na última tempada requiren de todo isto e máis para que as extraccións e roubos de marisco sexan despreciables ou nulas. No obstante a actividade segue, a pesares das distintas e difíciles situacións que acontecen na vila.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Cofradía de Pescadores, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo:


  • Xoan

    Quixera facer constancia dun comentario de Mª del Carmen Viturro Costa de Barcelona datado no Venres 23 de octubre de 2009 na sección de Opinión da edición dixital do xornal La Voz de Galicia, sobre as declaracións feitas pola presidenta dos mariscadores de a pé nunha nova recente na voz de galicia. Botádelle un ollo e vos mesmos podedes dar un veredicto destas afirmacións.
    Un saúdo!