Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xul
04

Quen somos e cara onde imos

Coiteladas na alma

Nestes tempos, é importante que os nosos fillos saiban de onde vimos e cara onde imos. Esta cuestión milenaria pode verse reflexada nunha obra novelística creada por un escritor de impulso na nosa comarca como é Xosé Plácido Betanzos García, unha persoa que reside en Palmeira e que foi tocado polo tema da emigración, como moitos de nós sabemos e algúns vivimos en primeira plana.
Este libro reflexa a penuria que se viviu despois da Guerra Civil, cando moitos dos nosos pais e avós tiñanse que ir en busca dunha vida mellor a outras terras lonxe de aquí.
Penso que é unha obra bastante boa de ler para tódolos públicos, xa que a linguaxe empregada é bastante cercana ó lector onde podemos vivir auténticas experiencias moi de preto que non fican tan lonxe dos nosos días, e así ter unha boa perspectiva do que nun tempo fomos e do que nos convertemos.
Agardo con impaciencia poder ter unha cita con este escritor, xa que o seu tempo é moi contado, para facerlle unha entrevista e que así nos conte como xurdiu esta novela, e qué foi o que o levou a relatar tales feitos tan reais coma a vida mesma. Penso que en breves teredes aquí unhas verbas deste home marcado polo noso pasado que moitos compartimos, xa que como se di no ámbito da filosofía: o futuro está condicionado polo pasado.
Se tendes algúnha historia, anécdota ou cousa que queirades comentar sobre aqueles tempos tan duros como foi a posguerra, a emigración, a época da fame, xa sabedes, non dubidedes en contactar con nós, xa que todo o que sexa saber algo máis é importante. E recordade, que os nosos avós son unha moi boa fonte de sabiduría que non se ensina na escola. Apreciádeos!




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: