Proposta para as Festas do Carmen 2009
Boas tardes benqueridos amigos da comisión de festas, quixera facer a seguinte proposta xa comentada por algún veciño de Cabo de Cruz nestas días antes do gran evento das Festas do Carmen. O tema é que existe un pequeno «problema»: cando rematan as orquestas que teñen contratado un tempo de actuación hai moita xente que quer seguir de verbena xa que aínda nos quedan moitos folgos, e para máis de festa coma xente animada que somos. Unha posible solución ó problema sería poñer unha mesa de mezclas, ou algo polo estilo para pinchar algo de música e que a xente siga ata caer de cu.
![]()
Esta é unha alternativa, pero de seguro que existen outras moitas máis, vós qué pensades? Se tendes algunha que outra idea podédela comentar aquí sen problema. Sodes máis de mesa de mezclas ou de verbena ranchera? Cada un que marque o seu estilo, e se cadra facemos unha votación para ver algo por onde poden tirar estas sempre propostas claro, pois a derradeira palabra tena a comisión de festas.
Penso que é unha boa idea porque a parte de que a xente se quede máis tempo, e se pase ben, pois sempre podedes sacar algo máis de cartos coas barras e con outras mil cousas que podedes argallar. Simplemente, esta é unha proposta que se fai dende aquí para que a xente poida opinar e tamén ofrecer algunha alternativa económica que falta fai para estes tempos.
Agradecer tamén a toda esta xente que durante todo o ano se move por nós para que teñamos as mellores festas, e que todos o pasemos moi ben nestas datas que todos acordamos dende pequenos. Asi que xa sabedes, a opinar, que o tempo esgótase!!!
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Agardei ata hoxe para poñer esta entrada, xa que máis de un estabamos de resaca do último dí ...
Os veciños de Boiro espabiláronse e decidiron crear un minidebate na rede de Facebook para d ...
Nas festas do Carmen, como non podía ser doutro xeito, os de Cabo somos e seremos máis feste ...
A pesares de que estas fotos xa estaban na nosa posesión dende fai uns días, non quixemos ag ...
Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as F ...


