Prohibido o botellón en Boiro

Como case era de esperar, o botellón vai a ser un feito pasado segundo as afirmacións das xuntanzas do Concello de Boiro para tratar o tema da movida nocturna. Indican que a xuntanza da mocidade para inxerir bebidas alcohólicas na rúa é un dos grandes problemas da noite dos sábados. A nova ordenanza prohibirá a inxesta de alcohol na rúa, ou sexa, o botellón.
Dada a posición dos hostaleiros, o goberno boirense comprométese a elaborar unha normativa que impida este tipo de prácticas.
Juan Jesús Ares, o primeiro tenente alcalde de Boiro indicou que o concello xa está a elaborar a nova proposta e mesmo indica estudar unhas recoemendacións da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias).
Chegado a este acordo, se o concello cumple coa supresión do botellón, os locais de ocio nocturno comprometeránse tamén pola súa banda a cumprir as normas acordadas nas xuntazas.
A normativa, que prohibe beber alcohol fóra dos establecementos hostaleiros, ten como finalidade eliminar as bebidas e os vasos da vía pública. Parte dos hostaleiros, e da ABE, tamén é unha campaña de concienciación sobre o consumo exhaustivo de alcohol.
E por parte do concello o compromiso sóldase coa intensificación da vixilancia nas noites dos sábados para que non haxa altercados coma os da semana pasada. Segundo Ares, feitos coma os do sábado pasado son casos illados.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Varios donos dos pubs boirenses estiveron reunidos onte pola tarde con responsables municipais p ...
[caption id="attachment_1947" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de Queijeiro"][/capt ...
Parece ser que o concello de Boiro ten un problema que non dá amañado, pese á tentativa de p ...
E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra ...
Xa son moitas as novas de diversos xornais da comarca que nos mostran o que acontece cada no ...


