Programación das festas do carmen en Cabo de Cruz
Esta é a programación das festas do carmen en Cabo de Cruz deste ano 2009.
- Domingo 12 de Xullo:
Campionato de Bolos e Fútbol afecionado.
Este día será un domingo espectacular e dará comezo ás 12:00 horas no Campo de Bolos de Triñans co Campionato de Bolos, a ver quen son os gañadores deste ano que o seu agasallo han levar.
Pola tarde para rematar a xornada ás 18:00 horas dará comezo o espectacular Partido de Fútbol no Campo de Fútbol de Valiño, co partido tradicional de solteiros contra casados
Todos aqueles que se animen a participar no día do deporte non teñen máis que achegarse ata os lugares indicados na hora H e participar que de seguro que van a disfrutar e tamén a rir co que algún fai ou deixa de facer.
- Mércores 15 de Xullo:
Alborada a cargo dos Grupos de Gaitas:
«A GANDAINA DE PALMEIRA» e «NOITEBRA»
A partires das 18:00 horas nas inmediacións do peirao e do campo da festa teremos os xa tradicionais Xogos Populares como son a cucaña, Tiro da Corda, Chave, Carreira de Sacos, Carreira de Zancos e moito máis, veñan a comprobalo e anímense a participar pois algún premio poderán levar, e senón a mellor recompensa que se pode ter que non é outra que difrutar.

Pola noite Gran Verbena amenizada polas orquestras: «PANORAMA» e «OLYMPUS»
- Xoves 16 de Xullo:
Alboradas a cargo dos Grupos de Gaitas:
A GANDAINA DE PALMEIRA», «NOITEBRA» e a banda de música «A UNIÓN DE LANTAÑO» coa colaboración da Cofradía de Pescadores de Cabo de Cruz.
Ás 11:30 traslado da Virxe do Carme dende a Capela do Carme ata a Lonxa de Cabo de Cruz.

Ás 12:00 Misa Cantada na ofrenda da Virxe do Carme e a continuación Procesión Marítima percorrendo parte do litoral Boirense e facendo unha ofrenda floral na Punta do Campo honrando a todos os mariñeiros falecidos.
Ás 20:30 horas «Mostra de bailes tradicionais» coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Boiro. Os grupos que amenizarán a Mostra serán os seguintes: BALLET SILISTRA (BULGARIA), BALLET FOLKLÓRICO DE MONTERREY (MÉXICO) e o GRUPO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO XILBARBEIRA (BOIRO).
Pola noite Gran Verbena amenizada polas orquestras: «TEKILA» e «TRIUNFO». E ás doce horas da noite, gran queima de fogos de artificio que coma todos os anos serán espectaculares, con fogos aéreos e acúaticos.

| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Sabemos que todos estasdes ansiosos por ver o que van a ser as vindeiras Festas do Carmen de ...
Onte, domingo, día 12 de Xullo celebouse o encontro habitual das festas do Carme: solteiros cont ...
Hoxe a iso das 09:00 am xa se podían oír as primeiras bombas na honra das nosas festas do Ca ...
Agora que xa case todo rematou, si, case todo porque aínda queda algo, podemos concluír as F ...
A comisión de festas do Cabo da Cruz xa comeza a súa nova andaina para as Festas do Carmen 2 ...


