Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
15

Programa das Festas do Carmen 2010 en Cabo de Cruz

Comision1

Sabemos que todos estasdes ansiosos por ver o que van a ser as vindeiras Festas do Carmen deste ano, co cal, a través da colaboración da incansable Mary Hermo, imos a poñervos aquí o programa deste ano.

Para iso imos comezar coas actividades que terán lugar en diversos días:

ACTIVIDADES

  • Sabado 10 de xullo:
    • 18:00 H PARTIDO DE FUTBOL 7 DE SOLTEIRAS CONTRA CASADAS (VALEN SEPARADAS, DIVORCIADAS, ARRECHEGADAS, ETC. ).
    • 19:00 H PARTIDO DE FUTBOL DE SOLTEIROS CONTRA CASADOS (VALEN SEPARADAS, DIVORCIADAS, ARRECHEGADAS, ETC).
  • Domingo 11 de xullo:
    • NAS INMEDIACIONS DO PORTO ÁS 12:30 TEREMOS A ACTUACIÓN DO GRUPO DE PAIASOS “LISTIN E TONTIN”.
    • ÁS 17:30 PARTIDO DE BOLOS NO CAMPO DE TRIÑANS.
  • Xoves 15 de xullo:
    • POLA TARDIÑA TEREMOS OS TRADICIONAIS XOGOS POPULARES (CUCUÑAS, TIRO DE CORDA, CARREIRA DE SACOS ETC.ÁS 20:00
    • E PARA DAR ENTRADA Á VERBENA TEREMOS A ACTUACIÓN DO GRUPO DE BAILE “XILBARBEIRA”.
  • Venres 16 de xullo:
    • SOBRE AS 21:45H, PARA DAR ENTRADA Á VERBENA DO ULTIMO DÍA DE FESTA TEREMOS UNHA ACTUACIÓN DE GRUPOS DE BAILES LATINOS, COS GRUPOS “ASSUCAR” e “CHILI DANCE”.

    De seguido tedes aquí o programa dos días grandes das festas onde poderedes disfrutar de todo tipo de actuacións musicais e demáis cousas que temos preparadas para pais, rapaces, mozos, mozas, avós e avoas.

    PROGRAMA DIA 15 DE XULLO

    Alborada a cargo do grupo de gaitas «Gandaina de Palmeira» e da charanga «Os armadanzas».

    A partires das 17:30 teremos xogos populares nas inmediacións do parque de Subuqueiro.

    Ás 20:00 para dar entrada á verbena teremos unha mostra de bailes tradicionais co grupo de baile «Xilbarbeira».

    A continuación a gran verbena a cargo das orquestas:

    Costa Oeste

    PhiladelPhia

    PROGRAMA DIA 16 DE XULLO

    Alborada a cargo dos grupos de gaitas «Gandaina de Palmeira» e «Noitebra».

    Misa cantada na honra á Virxe do Carme a cargo da Confraría de Pescadores.

    A continuación procesión marítima e ofrenda floral en memoria dos mariñeiros falecidos.

    Ás 21:45 para dar entrada á festa, teremos unha mostra de bailes latinos.

    De seguido a gran verbena a cargo das orquestas:

    Cinema

    Nueva Generación


    Comision

    Pois aquí tendes o pedazo programa destas vindeiras festas do verán da vila de Cabo de Cruz. Dende CaboDeCruz.Net agardamos que sexan do voso agrado e que todos saibamos valorar o traballo incuestionable e incansable desta xente que deixa os seus folgos cada día para que isto poida ser posible. Grazas por todo, comisión!




    Artigos relacionados :

    • Noticias relacionadas en: Festas, Festas do Carmen

    Recibe tódalas novas no teu correo:


    • Mary Hermo

      Teño que dicir que me sinto orgullosa por ter xente que de xeito altruista traballa para que teñamos as mellores festas da bisbarra, eu sei que perden parte do seu tempo libre, tempo que lle quitan as súas familias, tempo que lle quitan ao ocio, etc; traballan a reo durante todo o ano, pois aínda que moitos non o creades cando rematan as festas eles xa comezan a traballar para o seguinte ano. Para min son todo un exemplo por todos os anos que levan facendo isto para que todos nós o pasemos ben pois eles neses días traballan aínda moito máis para que todo saía ben, merecen un urra todos eles.
      Polo que me toca dicir, gracias a todos vós polo voso traballo e por facer que disfrutemos tanto durante estas festas.

      Un saúdo a tod@s.

    • Mary Hermo

      Hai camisetas conmemorativas da festa, así que apuradevos pra mercalas e que non vos quededes sen a vosa.

    • Xoan

      Gracias pola información, pero dinos tamén onde as podemos conseguir, ou se llas hai que pedir a alguén ou chamar ou así, para poder facernos con unha. E tamén sería bo que se puxesen algunhas fotos do deseño das camisetas, así como tallaxe e prezo para poder escoller xa de antemán. Graciñas, un saúdo e unha camiseta para min!

    • Mary Hermo

      Para mercar as camisetas tendes que poñervos en contacto cos membros das Festas, e son Mila, Lorena e súa irmán Mari Carmen (fillas de Clotilde), Angel «O Galego», Fabián «Tajamata», Carlos «O Chabolo», etc, todos sabedes quenes son e en todo caso podedes chamar ao telefono que aparece en http:www.cabodecruz.org/festa.htm que é un móbil, ou se vedes a algún deles comentarllo. Desculpade por poñer os apodos pero así seguro que todos saberedes de quen se trata.

      Agora deixovos tallas e cores:

      DE NENO:
      tallas 1-2 e 3/4 temolas amarelas e azuis
      tallas dende as tallas 5/6 ata a talla 12-13 temolas en colores naranxa e azul.

      DE NENA:
      dende a talla 3/4 ata a talla 12-13 temolas rosa claro e azul royal.

      DE CHICOS:
      dende a talla S ata a talla XXL en cores azul indigo, naranxa e rosa claro.

      DE CHICAS:
      dende a talla S ata a talla XXL temos cores lila, fusia e verde kiwi.

      O precio non estou segura pero supoño que será como ano pasado.

      Un saúdo a tod@s, e dadevos presa antes de que se acaben.

    • Xoan

      Non te preocupes polos apodos que así é como nos coñecemos todos en Cabo de Cruz, non creo que teñas nin teñamos problema por iso. Pois agora os visitantes xa teñen unha referencia para poder facerse con estas camisetas e para axudar tamén na elaboración das festas, por pouco que sexa. Gracias e un saúdo!