Prevista unha mobilización para eliminar os pasos elevados no vial de Boiro ó Cabo da Cruz

Frente á postura inflexible do concello de Boiro sobre a colocación dos pasos elevados no vial que une Boiro co Cabo da Cruz, as diferentes entidades entre outros moitos veciños, planean unha mobilización para facerlle ver ó concello a súa postura totalmente contraria á colocación dalgúns dos pasos elevados que se están construíndo e dos que aínda quedan por construir.
O conselleiro de urbanismo Xoán León sinalou que a proposta que recibiu por parte dos empresarios foi que se paralizasen as obras dos pasos en execución e que se paralizase o proxecto xa. O edil, pese ás posturas opostas dos empresarios, da Unión e dos centos de firmas recolleitas polos veciños do Cabo da Cruz, vai a seguir coa súa proposta de finalizar a obra construíndo outros tres badéns máis. Estes novos pasos estarán en Xión, Cariño e no Quilómetro (recta de Fontenla) coincidindo así coas marquesinas das paradas do autobús.
León explicou tamén a súa postura frente ás distintas posturas sobre este tema e afirmou que o tema desta obra é garantir a seguridade e a accesibilidade da vía, e por iso mesmo se vai a continuar coa obra ata o final.
O presidente da ABE (Asociación Boirense de Empresarios), Carlos Rodríguez Muñiz, afirmou que tódolos colectivos contrarios á execución destas obras manterán unha reunión para decidir os medios a seguir trala postura do concello. Tamén afirma que unha vez esgotadas tódalas vías de diálogo, o seguinte paso a dar son as mobilizacións.
Os empresarios tamén afirman que existen outros métodos para garantir asi mesmo a seguridade da vía e tamén os accesos que sexan menos perxudiciais para tódolos colectivos e veciños.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Os empresarios mostráronse abraiados pola indecisión do concello en canto ós pasos sobre bad ...
[caption id="attachment_1223" align="aligncenter" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][ ...
E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra ...
[caption id="attachment_1210" align="alignright" width="316" caption="Foto da Voz de Galicia"][/ ...
Ó pé dunhas cincuenta persoas déronse cita no día de onte na agurapación de mexilloeiros do ...


