Preto do 30% do software vendido en Galicia é ilegal
O xigante da informática, Microsoft, pon de manifesto que a comunidade galega é a cuarta comunidade española máis ilegal coa venda de software. Aínda que a nivel global, a piratería de programas informáticos descendeu nun 1,7 %, a empresa ianqui segue levando ós tribunais a moitos vendedores de software galegos.
O método de averiguación dos locais que fan vendas ilegais é moi sinxelo. Nada máis que facerse pasar por un cliente normal que quere adquirir un ou máis productos de Microsoft e ver o modo de actuación do vendedor. En preto de 70 visitas que fixeron a distintos distribuidores galegos, resultou que en 20, a legalidade era nula. Dende o ano 2006, a piratería en Galicia baixou máis dun 25 %, pero aínda así, a empresa fundada por Bill Gates ten enrriba da mesa máis de dez xuízos contra a distribución ilegal dos seus productos.
E isto en qué nos pode afectar á xente do Cabo da Cruz? Pois moi sinxelo. Calquera de nós vai a mercar un ordenador portátil a calquera tenda. O normal que adoitan facer os vendedores é pedilo ó seu proveedor e que o ordenador veña xa de fábrica con software orixinal instalado. Pero como somos algo fozóns e pensamos que un pc é un saco sen fondo, a cousa comeza a ir lenta, a colgarse e a darnos algún que outro susto coa perda de datos. Solución? Levalo á primeira tenda que podemos ter en Boiro ou arredores.
Entón o vendedor, pregúntanos se temos algo importante que gardar no pc e fai algo que está moi mal feito que é formatearnos o noso equipo, deixándonos sen nada do que tiñamos antes. Pero ollo! o software que nos mete é legal? Iso sábese moi ben no prezo que nos cobra. Normalmente, por formatear unha máquina cóbranse uns 30 €. Uns poden cobrar 40 € e outros ata 50 €. Pero… O sistema operativo que nos mete, custa tan só 50 €? Pois non señores, unha licencia dun sistema operativo individual coma o Windows 7 custa ó pé dos 200 €.
Daquela, cómo nos sae tan barato amañar o pc? Señoras e señores, miren ben o que fan cos seus equipos e pidan sempre facturas, por si algún día lles piden contas do software instalado, teñan vostedes a quen culpar. E sobor de todo, se o ordenador está en garantía, léveno á súa tenda de compra.

Son consellos que á xente do Cabo da Cruz, pensamos que lles poden vir bastante ben, porque coa lei xógase unha vez, dúas e as veces que un queira, pero cando toca, toca. Instalen software libre coma Ubuntu, totalmente gratuíto e que lle mandan o software por correo postal á súa casa sen custo algún. Adáptense ás novas tecnoloxías, que se é doado andar no Tuenti ou no Facebook, os sistemas Linux son doados e con menos virus.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
¿Tes un producto en garantía e non cho cambian se está mal? ¿Hai un vendedor que se escaquea das ...
Señoras e señores, quén non quer ser diputado co que está pasando hoxe en día neste sector? ...
Non me quedan dúbidas ó respecto de poñer esta tráxica noticia nesta web. Non podo pasar dis ...
Foi no mes de xaneiro cando o temporal Flora arrasou por completo o tellado do pavillón deportiv ...
Tras ver un comentario de Carlos Rodríguez, decidimos establecelo coma un artido desta web, ...


