Praíña 2 – 3 Cabo de Cruz B
Bueno, bueno, bueno… Xa era hora de que nos desen unha alegría os Reis Magos de Oriente. E ben dada que foi cunha victoria fóra da casa que sabe a alento no medio do lume que prende na parte baixa da táboa. Sen máis comentarios aquí vos deixo coma de costume coa crónica deste partido:
Si ben finalizou o ano vello, mellor comezou o 2010. Os nosos xogadores non puideron traer mellor resultado có que apañaron no campo de Cacheiras, emprestado ó Praiña SC, colleitando un 2-3.
O partido comenzou e finalizou na súa primeira metade co resultado de 0-0 a igual que o que xa acontecera contra o Rarís, no que ningún conxunto tampouco fora capaz de abrir o marcador antes do descanso.
Pero na reanudación do encontro, as cousas non puideron ir peor xa que nun intre o Praíña endosou dous goles nos dous primeiros contragolpes da segunda metade polo cal non podía ir a cousa peor, 2-0 no minuto 50.
Pero é a partir de ahí cando o equipo se bota arriba, e saca o seu «espíritu» que noutras épocas caracterizou ó Real Madrid de Juanito ou ó Alcoyano e á súa moral. Ó pouco de recibir o segundo e despois de sacar de centro Fachuco non o dubidou e quitou o Porrón que actuaba de lateral esquerdo para meter un dianteiro e ir a por todas no partido.
A remontada comenzou cun contragolpe levado por Balteiro que ó querer centrar, ve ó porteiro adiantado e amaga o centro e tira sorprendendo ó porteiro cun moi bo gol. Tan só unha xogada despois, é cando nun centro dunha falta, é Ami o que coloca o 2-2 deixando perplexos ós rivais.
Despois do empate houbo uns minutos de trancisión nos que calquer conxunto se puido adiantar pero foron os contrincantes os que tiveron dúas claras ocasións pero que o noso porteiro Josito parou con calidade demostrando que el tamén xoga un papel importante neste equipo.
A partir de ahí é cando nunha falta case no mesmo sitio que no gol de Ami, un centro de Balteiro é moi ben cabeceado polo noso novo xogador Marcos, poñendo o que sería o 2-3. Logo disto, o partido foi un toma e daca no que tanto se podía poñer o 3-3 cos numerosos contragolpes do Praíña, como o 2-4 nun contragolpe do noso equipo que David estrelou no longueiro.
A alineación titular deste partido foi:
Gardamallas: Josito
Liña defensiva: Chaparrito-Ami-Adrián-Richi
Medio do campo: Risi-Buda-Balteiro-Porrón
Ataque: Finidi-Andoni
Tamen xogaron: Marcos, Pechu, David
Con todo isto cabe destacar que si logramos no próximo partido outra victoria, xa conseguiremos sair da zona baixa e aspirar a algo máis.
Próximo partido: Cabo de Cruz B – San Antonio, o día de Reis ás 16:00 horas en Valiño. Esperámosvos alí!
Dadas as palabras desta crónica elaborada con moita alegría, aquí vos queda coma sempre a clasificación e os próximos partidos para que lle botedes unha ollada:
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D ...
Un pouco máis tarde do normal, pero xa temos aquí a crónica do partido da semana pasada. Como no ...
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...
Para non saturar de traballo ó noso comentarista deportivo, a crónica deste medio encontro vou f ...


