Podium para o remo do Cabo da Cruz

Entre o segundo e o cuarto chegou a embarcación do Cabo da Cruz nesta úlitma regata antes de comezar a andaina do mes de xuño. Foi nas augas da ría da Arousa que bañan o concello do Grove onde os nosos fixeron unha boa tanda cuns piques entre os escadróns de Chapela e Meira. A cabeza da regata estivo marcada polos reiros de Amegrove, seguida de Tirán e dos crucenses. Aquí tedes a clasificación cos tempos marcados:
Clasificación: 1º. Amegrove (21.10.20), 2º. Tirán (21:22.28), 3º. Cabo da Cruz (21:31.11), 4º. Chapela (21:35.45), 5º. Samertolameu de Meira (21:37.22), 6º. Náutico de Vigo (21:40.24), 7º. Vilaxoán (22:06.95), 8º. Mecos A (22:08.31), 9º. Ares (22:36.63), 10º. Coruxo (22:38.08), 11º. Esteirana (22:46.12), 12º. Robaleira (22:50.29), 13º. Vila de Cangas (23:05.86), 14º. Mecos B (23:20.58), 15º. Cesantes (24:23.17).
Non está nada mal quedar nun merecido terceiro posto contando que eran quince clubs os que se disputaban esta crono anterior á competición. Coma sempre os crucenses dando golpes de autoridade enriba da mesa e deixando o seu listón onde debe estar: entre os mellores.
Dará comezo a Liga Galega en terras do concello de Ares o día 13 de xuño e onde as formacións de remeiros galegos deben estar ó 100% para acadala máxima puntuación nun título que sempre anima a seguir gañando galóns aló no estranxeiro. Esta liga traerá xente de fóra ó Cabo da Cruz, pero tamén a nosa embarcación terá que coller o remolque ata terras de Esteiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e mesmo a ría de Muros e Noia.
Logo para o vindeiro mes de xullo, aló polo día 7, está previsto que dea comezo o Eusko Tren que levará ás formacións de Vizcaya, Cantabria, Galicia e Guipúzcoa. Da formación galega, como xa é frecuente, irán remeiras do Club de Remo do Cabo da Cruz ainda que non serán tantas coma o ano pasado, xa que o traballo de cada un é o primeiro.
Sería un aliciente moi importante que os nosos remeiros, profesionais da élite do remo, puidesen vivir directamente deste deporte como acontece noutras comunidades. Tamén sería bo que o clube crucense tivese máis apoios para ter fondos e poder remar en tódalas competicións posibles, pero iso xa queda en mans de quen move os fíos nestes lares.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
O escadrón de Cabo de Cruz saldouse cunha medalla de bronce en augas de Cangas do Morrazo po ...
No hay tregua en la Liga Galega de Traiñeiras. Las catorce embarcaciones encaran esta tarde (1 ...
A luz ó final do túnel xa se ve... Hoxe, a iso das oito da tarde dará comezo o campionato galego ...
Mañá domingo, partires das 12:00 o Club de Remo do Cabo da Cruz organizará a xa tradicional ...
Unha vez máis, os nosos remeiros do Cabo da Cruz voltan a darnos unha de alegrías coas tres ...


