Pazos 1 – 1 Cabo de Cruz B
Un pouco máis tarde do normal, pero xa temos aquí a crónica do partido da semana pasada. Como non podía ser doutro xeito, crónica enviada polo noso colaborador deportivo Porrón. Desta vez vemos un equipo un tanto falto de folgos, pois o Pazos foi equipo ó que en Valiño lles metemos un 5-0 e na súa terra non fomos quen de levarlle o partido. Sen máis déixovos coa crónica deste partido:
Partido soso en liñas xerais que rematou nun máis que xusto reparto de puntos para ámbolos conxuntos.
O noso equipo nesta xornada rendía visita ao Pazos coa intención de gañalos tres puntos en xogo e afastarse na clasifición do equipo de Padrón.
O encontro comezou co equipo local empuxando hacia a meta do noso conxunto pero sen conseguir demasiado perigo, mentres que os nosos non conseguían chegar á meta rival como se estaba conseguindo nos anteriores partidos. O xogo era un toma e daca de ámbolos cadros pero non había un claro dominador do encontro. Chegaríase ao descanso co empate sen goles.
Xa na segunda metade, os nosos estaban concienciados do importante que era conseguila victoria e pouco despois nun balón que David recibía por alto, e de espaldas á portería, dun certeiro cabezazo, conseguía poñer o balón lonxe do alcance do meta local. Co gol conseguido, os nosos relaxáronse un pouco e sumado aos cambios efectuados polo Pazos, o noso conxunto foi cedendo terreo e véndose cerrado atrás aguantando o resultado. A uns dez minutos para o final, nunha xogada non moi clara, o colexiado pitaba penalti a prol dos locais por unha dubidosa man. Así foi como o Pazos conseguíu o empate e se nos escapaban dous puntos importantes.
Cabe destacar que a falta duns vinte minutos David foi expulsado por doble cartón amarelo por reiteradas protestas tralo penalti sinalado polo colexiado.
E os homes do noso escadrón do domingo foron:
Aliñación titular:
Josito (1)
Chaparrito (2)- Ami (4)- Adrián (5)- Porrón (3)
Balteiro (6)- Cosita (7) – David (11)
Buda (10) – Marcos (9) – Finidi (8)
Tamén xogaron: Risi, Zimpi e Andoni
Lástima deses tres puntos tan bos e que tanta falta fan para erguerse un pouco nos postos do taboleiro, pero aínda así o conto é sumar cada partido. Para que o vexades mellor déixovos coa clasificación e os resultados desta xornada:
Agardamos que para este domingo que vaia a facer soliño do bo, a xente se achegue ata Valiño para darlle ánimos a esta xente que boa falta lles fan, e para que o equipo do Cabo da Cruz B acade os obxetivos fixados nesta tempada.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Parece que os nosos xogadores deron renda do seu xogo colleitando un empate na casa frente ó C.D ...
Unha nova derrota que emporca os resultados do noso equipo de fútbol do Cabo da Cruz. Esta vez s ...
Sentimos que esta crónica chegue tarde, sobor de todo para a xente que nos sigue por aquí e que ...
Cando todo parecía que marchaba ben nos comicios deste novo ano para o noso equipo do Cabo de Cr ...
Bueno, bueno, bueno... Xa era hora de que nos desen unha alegría os Reis Magos de Oriente. E ...


