Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
20

Para qué son as obras da «Calle Ancha»?

Calle Ancha

Foto: La Voz de Galicia

Como algúns puidéchedes observar estes días, na Avenida da Constitución, máis coñecida como a «Calle Ancha», estánse levando a cabo unhas obras na mediana que divide o sentido de circulación. A obra trata, polo de agora, de poñer cemento onde antes había céspede, ou o que quedaba del.

Pois ben, esta obra é para acondicionar os contedores do lixo, que antes estaban nos aparcamentos dos coches dando unha mala imaxe de Boiro, e tamén entorpecendo un pouco o tráfico non rodado. Esta construcción será de pedra e aceiro inoxidable para o adecentamento de ditos contedores, para que así todo sexa máis cómodo para todos.

A obra está custeada por unha subvención da Xunta de Galicia onde se concentra a actividade comercial da localidade. Por valor duns 65.000 € farase o traballo que apoiará a Urbacomer, que representa ó pequeno comercio das localidades galegas, e onde o concello de Boiro se puxo mans á obra para estes acometidos.

A finais do mes de novembro dará remate esta obra que conta con seis operarios que serán os encargados de elevar a mediana a un nivel para o pouso dos contedores do lixo. Ademais destas elevacións, a subvención tamén se empregará para a mellora das zonas de xardín do concello. Outra finalidade destes cartos é tamén a de pintar os pasos de peóns cunha pasta antideslizante.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas, Obras e Proxectos

Recibe tódalas novas no teu correo: