Pacto Territorial de Emprego do Barbanza-Noia

Sorprendentemente, estes días estivemos mantendo contacto cunha persoa. O seu nome é Santiago Páramo, o promotor dunha web moi interesante sobre o traballo na nosa comarca: UPD pacto Territorial de Emprego do Barbanza onde podedes atopar todo o referente a ofertas de traballo na nosa comarca do Barbanza e tamén de Noia. Mesmo para a xente do Cabo da Cruz que se quedase sen traballo estes días, é un punto máis a ter en conta para atopar en emprego.
Cabe tamén comentarvos que esta web en tres meses que leva en internet xa recibiu máis de 16.000 visitas, algo normal pola súa información valiosa nestes tempos de vacas fracas.
O seu contido é infinitamente valioso xa que son quen de xuntar organismos, documentos, concellos e mesmo asociacións de empresarios. Entidades coma CIGA, UXT, CC.OO, Consellería de Traballo e Benestar, Xunta de Galicia, concello de Boiro, boletíns oficiais tanto a nivel galego (DOGA) coma español (BOE), Asociación de empresarios de Boiro, etc… Aquí podedes perdervos con tódalas posibilidades que vos ofrecen.
Indicar tamén que é unha web cun dinamismo importante, pois as actualizacións están á orde do día coas ofertas de traballo máis importantes en tódolos sectores e de tódalas actividades de emprego da nosa comarca do Barbanza. E ti, sexas do Cabo da Cruz, de Boiro, ou de onde sexas, que saibas que aquí tes unha fonte de información a ter en conta.
Dende CaboDeCruz.Net agardamos que o traballo desta xente sirva sempre para mellorar as cousas entre todos nós, e queremos tamén agradecerlle a Santiago Páramo a súa posta en contacto con nós para poder comunicarvos este tipo de información.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Como primeiro dato podemos afirmar que as principais empresas conserveiras do Barbanza abast ...
O Partido Popular galego revelou onte no concello de Isaac Maceiras na Pobra do Caramiñal qu ...
Como todos puidéchedes observar, esta web estivo un pouco estancada nesta última semana. Com ...
Lendo o xornal de hoxe, pareceume interesante poñervos esta entrevista do presidente da Asociaci ...
Os concellos barbanzáns de Noia, Boiro e Ribeira xa poden contratar ós seus membros do Grumi ...


