Outra vez a xente de Cabo de Cruz vai quedar sen médico no verán

Despois dunha morea de queixas postas na entidade do Sergas, os veciños de Cabo de Cruz seguimos na mesma este novo verán. Trátase de que nos quedamos sen doutor no seu merecido mes de vacacións e o Servizo Galego de Saúde fai oídos xordos ante as queixas dos cidadáns. Pero Manuel Dominguez, o presidente do Club de Xubilados de Cabo de Cruz fai un retrato case perfecto da situación ante tal indignación: «Están discriminando a Cabo de Cruz, queren acabar cos poucos servizos que temos aquí», indica o presidente.
Namentres que da cadras das súas palabras, indícanos na placa da Casa do Mar que o edificio pertence ó Estado español, concretamente ó Ministerio de Traballo. Isto é porque xa son moitas as cousas que molestan no seo da terceira idade crucense como afirma este home: «Mira, deste sitio acaban de botar á asociación A Unión, que non lle facía mal a ninguén, e como a xente non se mova Cabo de Cruz acabará quedando sen servizos para sempre, iso hase de ver. ¿Non se dá conta a xente de que aquí non queren deixar nada, que queren que morra este edificio?».
De súpeto, comeza coa busca de culpables sobor de todo no asunto do médico, aínda que tamén critica que o novo Centro Social non estea situado na Casa do Mar, xa que como Dominguez di, se as instalacións estivesen coidadas outro galo cantaría. «Eu véxoo moi claro, o Concello non se preocupou por nada, quixo facer o centro social noutro lado e pouco a pouco aquí, onda o peirao, onde está a vida de Cabo, quedamos sen nada. ¿Por que noutros sitios poñen substitutos para os médicos e aquí non? Eu creo que é porque o Concello non insiste o suficiente».
Logo, as queixas son para a desfeita do Sergas na nosa vila: «Hai persoas maiores que non teñen quen as leve a Boiro; aos que mandan iso non lle importa, pero é así» e remata dicindo que: «Hai que protestar, a xente da Unión xa o fixo e aos xubilados tampouco nos gusta que nos quiten o médico así como así».
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Problema Como poden apreciar na miña cara de enfado, vou expor un tema que a todos nos af ...
Unha vez máis, o Sergas volve a ofertarnos con burradas aplastantes, e erros de xestión que ...
O Ministerio de Traballo é o propietario da Casa do Mar de Cabo de Cruz, co cal xa se está a ...
As pesquisas inciais eran facer a obra do novo centro social en tres fases ben distinguidas ...
Unha vez máis quero ser a voz desta veciña do Cabo da Cruz, Mary Hermo, que segue tendo as mes ...


