Os sargazos invaden a costa do Cabo da Cruz

Como foron frecuentes, as choivas destes días fixeron que toneladas de vexetación acuática se concentrasen nas nosas praias coma un manto verde que o cubre todo.
As reaccións foron inmediatas por parte da xente que traballa as praias, entre elas os mariscadores da Confraría do Cabo da Cruz. Aínda que isto é un proceso natural, que fai falla para a continuidade do ecosistema, pode matar unha cantidade considerable de bivalvo.
Ante esta situación, o póstio crucense está adoptando medidas para dar solución ó problema, tratando de retirar as algas que poidan matar o marisco, e interromper así a actividade acuícola. Nos vindeiros días, unha máquina especializada nestas tarefas de retirada porase a choiar para evitar que isto vaia a máis.
Polo momento, o problema parece que non é moi importante a pesares das medidas adoptadas como precaución. Mesmo o tempo parece que maina cara a tarde de hoxe e non se preve que isto volte a producirse. Ante a situación, a Confraría tomará as medidas oportunas para que a súa actividade non se vexa desviada por estes procesos naturais.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
A cuberta das nosas praias polo argazo traído polo mal tempo puxo mans á obra ós mariscadores do ...
Como moitos xa sabemos, na época do verán producíronse sitaucións nada favorables para a xen ...
El mal tiempo ha enfadado a los turistas que esta semana han pasado por la comarca, y también ...
Segundo as afirmacións na época estival do patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz, o mari ...
[caption id="attachment_1761" align="aligncenter" width="316" caption="Foto de S.Balvís"][/capti ...


