Os Reis Magos de Oriente pasaron polo Cabo da Cruz

Esta noite pasada foi unha noite chea de ledicia e ilusión para os nosos cativos, e os non tan cativos, pois a presencia deses seres máxicos que fan unha longa viaxe, foron a causa desta data: 6 de Xaneiro. Data na que a estas horas moitos dos cativos do Cabo da Cruz están cos ollos espetados nos regalos que os Reis Magos lles trouxeron polo seu bo comportamento. Onte pola noite, chegando de camiño á miña casa atopei cos Reis Magos por pura casualidade, pois estaban repartindo os agasallos polo Cabo da Cruz.
Vin a Melchor, a primeira vez que vía algo semellante, pois o dispositivo entre reis, paxes e camellos era impresionante. Díxome Melchor que este ano os nenos do Cabo da Cruz portáronse bastante ben, motivo polo que van ter uns bos regalos. Pero este ano, se cadra non van a traer tantos porque un dos camellos caeu enfermo ó pouco de partir de Oriente e teñen que vir algo máis descargados para que o animal non sufra. Os maiores a isto chámanlle crise, pero non é certo. Pequenos, pequenas do Cabo da Cruz, dende CaboDeCruz.Net queremos transmitirvos as palabras das maxestades e dixeron que os regalos deste ano van a ser uns regalos traídos con moita ilusión e cariño para todos vós. Porén debedes facer un esforzo de conformismo de cara este Nadal para que os Reis vexan en vós comprensión e que para o ano ese camello non enferme e poida vir máis cargado ca este ano.

O rei Melchor pediume expresamente que vos dixese que o comportamento de todos vós, neste 2009, foi do mellor, e que agarda que neste ano 2010 sexa así ou máis bo. Este rei agarda moito de vós: que lles fagades caso ós vosos maiores, que estudedes moito, que axudedes na casa e que o pasedes moi ben. En fin, este día sen dúbida que é o voso día, non esquezades ir á casa dos avós, dos padriños, dos tíos e dos amigos, pois nunca se sabe onde os Reis Magos puideron deixar algo no voso nome.
De parte das maxestades de Oriente e da administración de CaboDeCruz.Net desexámosvos un moi feliz 2010 que veña cheo de traballo, de ilusión, de desexos cumpridos e de todo o mellor para os máis cativos e non tan cativos. Agardamos que disfrutedes moito dos agasallos para que o vindeiro ano sexan máis e mellores.
Un cordial saúdo: Os Reis Magos de Oriente
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Pasando polo seo da asociación de veciños o outro día, vin que tiñan alí colgada unha carta ós R ...
Bueno, bueno, bueno... Xa era hora de que nos desen unha alegría os Reis Magos de Oriente. E ...
Todo un orgullo para a hostelería do Cabo da Cruz ter un local coma este para poder disfruta ...
Como non podía ser doutro xeito, a dirección desta páxina web de CaboDeCruz.Net quer mostrar ...
[caption id="attachment_1256" align="alignright" width="318" caption="El tamén merece algo"][/ca ...


