Os mariñeiros e veciños de Cabo de Cruz reclaman contedores para o lixo
Como podedes observar na foto, os mariñeiros de Cabo de Cruz teñen as suxeccións dos contedores do lixo, pero o que realmente fai falla son os contedores. Supoñemos que se lles debeu pasar ós señores de Portos de Galicia, que no peirao tamén se acumula lixo, e para que éste non vaia parar ó mar, pois haberá que acondicionar as infraestructuras axeitadamente.
Porén, baixo a petición de varios veciños e mariñeiros da vila, queremos empregar este medio de comunicación para pedir uns recipientes para o lixo. Son outras tantas cousas que fan falla para o desenvolvemento da actividade portuaria, e de seguro que iremos recollendo as suxerencias da xente ata que teñamos todo o necesario para ter un muelle limpo e coidado.
Tamén queremos indicarlle ós mariñeiros que coiden ó máximo o mar, que non tiren o lixo por pouco que sexa, xa que se eles non coidan o seu medio de vida, non van vir os de fóra a facelo. Temos que concienciar a toda a xente que a nosa principal fonte de ingresos é o mar: as bateas, o marisco, etc., e sen el non chegariamos ata onde hoxe estamos.
Co cal, señores da asociación de veciños A Unión, señores do Concello de Boiro, señores de Portos de Galicia, ou quen queira que sexa o responsable, aquí fai falla un contedor do lixo e agardamos que en breve sexa instalado.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
Foto: La Voz de Galicia Como algúns puidéchedes observar estes días, na Avenida da Consti ...
Dende fai xa tempo, leva trantándose nesta web e no entorno da vila de Cabo de Cruz o tema do no ...
Este artigo é de colleita propia, xa que me parece de especial atención por parte dos crucenses. ...
Entre o 2010 e o 2012, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto inv ...
Pasando polo seo da asociación de veciños o outro día, vin que tiñan alí colgada unha carta ós R ...


