Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Abr
03

Os concellos xa poden encher os planteis do Grumir

proteccionCivilBoiro

Os concellos barbanzáns de Noia, Boiro e Ribeira xa poden contratar ós seus membros do Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida), xa que levan uns tres meses cos planteis ó mínimo servizo. Isto foi parte da nosa Xunta de Galicia que tardou un pouco en ofertalas subvencións establecidas para estes fins. Namentres, este servizo xa vai voltar a contar con 15 operarios repartidos nos diferentes turnos.

No concello de Boiro as contratacións do persoal que faltaba comezan hoxe mesmo para dar cobertura ós festivos da Semana Santa. Cabe destacar tamén que o goberno local está volcado na súa totalidade con este grupo, xa que unha vez rematadas as axudas autonómicas, o grupo foi mantido con cartos das arcas locais.

Polo de agora, a tranquilidade faise ver, pero unha pequena fenda neste tema é rachada pola Xunta que fai uns contratos de tan só nove meses e as queixas móstranse nos mandatarios dos concellos.

De feito, o alcalde de Boiro, Xosé Deira sinalou que a Xunta non disimula a súa actitude para eliminar o Grumir daqueles concellos que xa teñen un parque de bombeiros como é o caso de Ribeira ou de Boiro. O alcalde afirmou que sería unha perda enorme xa que se trata dun servizo dispoñible para os cidadáns as 24 horas do día.

Como ben certo é que estes equipos sempre interveñen na meirande parte das cousas como poden ser: incendios, accidentes, mobilizacións de masas, procesións, inundacións, etc. Como vemos é un grupo de moitísimas intervencións e actuacións que acontecen tanto en Boiro coma tamén no Cabo da Cruz. Actuacións ás que moitas delas os bombeiros non asistirían polas directrices do seu traballo.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: