Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xuñ
22

O vandalismo apropiase das rúas de Boiro nas noites de movida

vandalismo

Xa son moitas as novas de diversos xornais da comarca que nos mostran o que acontece cada noite de movida en Boiro e os cidadáns comezan a estar un pouco fartos. Nesta fin de semana, entre outras cousas, houbo unha denuncia a unha pandilla de mozos que entraron nun local rompendo cousas para lle pegar a outro que escapaba deles. Esta era a nova que tiñamos por exemplo, na Voz de Galicia.

Pero a cousa non queda só ahí. Un sábado pódense ver auténticas barbaridades, faltas de educación e respecto e moitas outras cousas máis. O que máis sofre, se cadra é o mobiliario urbán coa ruptura de sinais de tráfico, macetas, árbores, coches raiados, etc. Isto tamén se dou este sábado na rotonda da movida onde había tirado unha árbore arrancada de raíz e un sinal de tráfico enriba da acera.

Dende o concello indican que non é para tanto a cousa e que a seguridade se ve respaldada coa presencia da Garda Civil e da case nula presencia da Policía Local por falta de efectivos. Pero asegúrolles ós mandatarios de que coa cantidade de xente que hai en Boiro e co vandalismo que se produce nas noites de movida, non hai moito que facer en canto a efectivos policiais.

Porén, as medidas para que isto non pase teñen que ir por outro lado, se cadra máis á concienciación da xente e á aplicación dunha lei máis dura que faga pensar antes de romper algo. Con todo isto, quen as vai pagar van ser os hosteleiros que verán mermados os ingresos o día en que a xente se canse de tantos problemas e se vaian a outro sitio.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: