O título dispútase entre Cabo, Tirán, Meira e Náutico de Vigo
A luz ó final do túnel xa se ve… Hoxe, a iso das oito da tarde dará comezo o campionato galego de traíñas en Moaña, territorio de Meira, onde o Cabo da Cruz defenderá o título ante Samertolameu e Tirán, representantes da comunidade na ACT, e Náutico de Vigo. A tanda estelar estará composta por estas catro entidades, namentres que os de Chapela, xunto con Mecos, Amegrove e Vilaxoán partirán na primeira manga.
Esta competición dará os pases á representación galega no campionato nacional de traíñas que terá lugar en Vilaxoán entre o oito e o nove de agosto, ademáis de outorgar os loureiros ó campión galego.
A tripulación de Perillo anulouse do seu posto deixando un furado para Vilagarcía, onde Cabo da Cruz sae ó mar como embarcación favorita pola súa regularidade no campionato abalada por tres primeiros postos, dous segundos e outros dous terceiros.
Fonte: La Voz de Galicia
Artigos relacionados :
Final inesperado... A traíña do Cabo da Cruz cedeu o título galego acadado o ano pasado no t ...
No hay tregua en la Liga Galega de Traiñeiras. Las catorce embarcaciones encaran esta tarde (1 ...
Entre o segundo e o cuarto chegou a embarcación do Cabo da Cruz nesta úlitma regata antes de ...
Tralo inesperado final da anterior regata que nos privou do pase á liga estatal, o Cabo da C ...
Esta tarde a las 18.30, se pondrá en juego en las aguas de Caranza la veintinuna edición de la B ...




