Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Nov
16

O temporal causa estragos na comarca con inundacións e refachos de vento de máis de 130 km/h

temporal

Esta fin de semana foi unha das máis tráxicas con respecto ó tempo neste ano 2009. Todo comezou no venres cando os fortes ventos tiraron árbores, tendidos eléctricos e causaron varios estragos. Causa disto foron os distintos apagóns en varios lugares. As choivas foron das máis intensas da península ibérica acadando rexistros de ata 22 litros por metro cadrado.

Causa disto foi o amplo dispositivo dos servizos de emerxencia que mobilizaron varias unidades de Protección Civil e de bombeiros. Malia a situación as chamadas eran frecuentes, pero o servizo non daba para máis facer nas condicións adversas de traballo e ante a acumulación de emerxencias que se rexistraron nas centralitas.

Agárdase que o tempo amaine de cara esta semana e prevese que a partires do mércores o tempo nos dea unha trégua merecida polo intenso mal tempo destes días. Numerosas embarcacións do Cabo da Cruz tiveron que botar de amarre estes días, pois o mar non estaba practicable e o tempo fixo imposible a actividade pesqueira na comarca.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: