Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Xan
17

O temporal arrasou o Cabo da Cruz

Temporal

Nestes días, andar pola nosa vila convertíase nunha paisaxe desoladora vendo todo o que este tempo deixou tras de sí. Puidemos ver embarcacións anegadas e destragadas pola auga e os fortes ventos. Puidemos ver o tellado do noso pabillón de deportes totalmente esnaquizado pola forza do vento. E puidemos ver en xeral unha vila que quedou cun manto de penuria frente a esta situación que tamén se dou cabida no resto de Galicia.

Era moitísima a xente do mar que na noite saíu das súas casas cunha roupa de augas e unhas botas para tentar protexer as súas embarcacións, os seus medios de traballo. Armouse un tremendo rebumbio no muelle na noite do temporal cando tódolos veciños estaban nunha alerta constante tratando de salvar as súas pertenzas. Moitos sinalan que os estragos non foron peores polo contradique que está en construcción que puido frear os ventos do norte, pero tamén afirman que foi unha situación da que non se deu aviso por ningún medio.

Imaxe da Voz de Galicia

Imaxe da Voz de Galicia

Aquí temos a un veciño da nosa vila: Francisco Ruíz, ou como nós sempre dixemos: Fransisco Ruís. Este home estivo no muelle parte da noite para tratar de salvar a súa embarcación, medio do que vive dende fai anos e que lle dá de comer á súa familia. E coma Fransisco moitísima xente foi a que tratou de salvarse deste temporal imprevisto pola nosa xente do mar.

Os destragos tamén se puideron ver en Valiño onde o tellado do pabillón que quedou literalmente arrancado polo vendaval que asestou o recinto. Tamén aínda a día de hoxe son visibles a cantidade de pinos cortados e a rama que quedou esparcida pola carretera do colexio. Agardamos que o concello tome nota e trate de retirar esa rama que pode facer un estrago cunha freada dun coche ou dun autobús dos rapaces.

María Soledad López

Imaxe da Voz de Galicia

Foi o noso colexio de toda a vida, o colexio de Valiño ó que lle tocou grande parte dos desperfectos coas árbores (prantadas por Xaquín) arrincadas polo vento e con cuantiosos danos sufridos polo mal tempo. A directora do centro, María Soledad López, foi a que tivo que rendir contas ante as diversas institucións para informar dos perxuízos causados. Polo que respecta á actividade do centro, dicir que moitos dos pais que levaron ós seus cativos acabaron levándoos de volta por maior seguridade.

Como podedes ver e contemplar pola vosa persoa, este temporal foi un auténtico desastre para o Cabo da Cruz, do que agardamos que vos recuperedes na medida do posible e de que todo se amañe no voso favor. Polo demáis, aquí estaremos para informarvos cando sexa preciso.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: