Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Out
08

O Sergas chama por terceira vez a unha persoa morta

SERGAS

Parece unha coña, ou unha broma con cámara oculta, pero é real. Hoxe pola mañá, cando lin o xornal vin a implacable noticia. Resulta que un home de Tomiño que tiña apnea do sono (que te quedas dormido en calquera intre), e que tiña dificultades respiratorias por mor da enfermidade, foi chamado para unha proba diagnóstica por terceira vez.

O conto ocorreu o un de marzo deste ano, cando este home foi a urxencias onde lle dixeron que o chamarían, e lamentablemente en dez días perdeu a súa vida.

Logo, despois de dalo de baixa na seguridade social e nas administracións pertinentes, o 27 de maio é chamado polo Sergas para facer a proba cando se reabre a ferida na familia que amablemente lle comunican da súa morte.

No 2 de xullo o tema volve á mesma cando soa o teléfono preguntando por este home para facer a dichosa proba, e ahí é cando a familia xa se mosquea con esta xente e lle explica as cousas sen calma algunha, como sería normal na situación.

Finalmente o día 2 de setembro a mesma chamada volta producirse na casa deste home que debe estar farto aló onde se atope desta indecencia do Sergas.

A familia está farta de todo isto e pide que se deixe de molestar en algo que é máis ca caótico nunha administración dirixida… ¿por quen?, xa que isto a pesar de lamentable é doloroso para quen tén que aturar este tipo de incoherencias.

Por parte do Sergas din que se adoptaron as medidas oportunas para non voltar chamar a esta casa, e que tratarán de coordinar ó persoal para facer unha xestión como é debido.

Lembrar como datos que: en Galicia ó pé de 140.000 galegos están á espera dunha proba diagnóstica e Galicia xunto con Canarias son as dúas comunidades autónomas con peor listaxe de espera.

Isto é unha mostra máis da incompetencia que temos en materia de sanidade, e que todo segue igual estea quen estea ó cargo na Xunta, ou na directiva desta entidade. Vimos non fai moito a testemuña dunha veciña do Cabo da Cruz que se laiaba da dependencia dun servizo que ata agora había, e que por motivos non se sabe moito cales, isto carece dunha base que nos arroupe a tódolos cidadáns nunha materia tan importante como á a sanidade.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Curiosidades, Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: