O remate do Centro Social de Cabo de Cruz acórdase cun convenio entre o Concello e a Diputación

Onte firmaron un convenio de colaboración Salvador Fdez. e Xosé Deira actuando como presidente da Diputación e alcalde de Boiro respectivamente para dar por rematado o Centro Social de Cabo de Cruz. Destinados a tal fin puxéronse en acordo uns 800.000 € cos que se cubrirán os gastos da segunda e da terceira fase do local. Dese orzamento, case 100.000 € irán destinados ó mobiliario das instalacións coma para a cafetería, a sala adicada ós maiores, aulas, biblioteca, etc.
Pero antes de instalar os mobles é preciso rematar o que se comezou como pode ser a instalación eléctrica, os traballos de fontanería e ventilación, a colocación de barandas, portas e cristaleiras interiores, ou botar o pavimento das tres plantas do edificio. Repartidos nos máis de 4.000 metros cadrados do centro haberá, entre outras cousas, un salón social, un salón de actos, aulas, cafetería, sala de exposicións, etc.
| Tuitear |
|
Artigos relacionados :
As pesquisas inciais eran facer a obra do novo centro social en tres fases ben distinguidas ...
Como xa teredes visto ó pasar polas Mangas, o centro social de Cabo de Cruz xa é unha realidade ...
E isto sigue con máis masa para facela parede. Dos doce badéns plantexados nun principio de obra ...
A visita do vicepresidente da Diputación, Pablo Villamar e de Rosana Pérez como diputada pobrens ...
O Ministerio de Traballo é o propietario da Casa do Mar de Cabo de Cruz, co cal xa se está a ...


