Sigue nuestro Feed RSS   CabodeCruz en Facebook   CabodeCruz en Twitter  
Feb
24

O pavillón de Valiño segue sen tellado

Fai xa máis dun mes do acontecido naquela noite de temporal onde os nosos mariñeiros se botaron ó muelle para resgardar as súas embarcacións do temporal. Un temporal que bateu en todo o Cabo da Cruz, especialmente no pavillón de deportes de Valiño arrancándolle o tellado na súa totalidade. Con todo isto, tódolos usuarios deste pavillón entre os que se encontran os nosos cativos do colexio de Santa María do Castro, quedaron sen ese servizo.

PavillónDesfeito

Imaxe da Voz de Galicia (Dani Gestoso)

A desfeita en dito local supera os 20 millóns das antigas pesetas (120.000 €), xa que á parte do tellado tamén viñeron abaixo unhas vigas do teito que daban soporte e agarre á estructura en sí. Dito isto, o concello de Boiro ve inadmisible que eses cartos saian do peto do concello e piden axuda á Administración. Namentres, a Administración di que o amaño do pavillón é unha competencia do concello de Boiro. E mentras dura este rifi-rafe, a xente do Cabo da Cruz segue tal e como estaba antes, sen un lugar cuberto onde facer deporte.

Pero a pregunta é: Se isto mesmo lle pasase ó pavillón de Barraña ou ó pavillón da Cachada, aínda estaría sen amañar?

Con todo isto, os nosos cativos seguen sen ter unha clase de Educación Física digna do S.XXI e sen poder disfrutar dos famosos campionatos, por mor do mal tempo que se deixa caer polo Cabo da Cruz esta tempada. Dende o centro afirman que hai días que os cativos non poden facer deporte e que fican nas aulas recibindo docencia relacionada coa materia, pero seguen sen poder facer o que sempre se fixo: deporte.

Porén, dende a dirección do centro educativo, piden que se amañe este asunto entre Administración e Concello, e que canto antes os nenos crucenses poidan disfrutar das súas propias instalacións que levan case mes e medio sen amañar.




Artigos relacionados :

• Noticias relacionadas en: Foto Denuncia, Notas de prensa, Novas

Recibe tódalas novas no teu correo: